Folgoso do Courel

Puntos de Interese

Na serra do Courel atopamos paraxes naturales polas que descorren espectaculares rutas de sendeirismo que nos levan a lugares de especial beleza onde podemos atopar: castros, covas, minas, aldeas de gran interese etnográfico ….etc. Por iso, o Courel é un dos paraisos naturales de Galicia; conta con mumerosos recursos naturales, patrimoniales e culturales que o fan un lugar máxico e especial.

ESPELEOLOXÍA:

  • Sima de Aradelas

Está na localidade de Campelo (a 9 Km. de Seone). É a cova máis profunda de Galicia cos seus 128 metros de profundidade. O acceso realizase dende Seoane hacia Campelo e podese ir en coche. Dende este punto teremos que realizar unha ascesnsión de 300 metros a pé polo sendeiro que se atopa sinalizado hacia o pico de Campelo e a dereita veremos a entrada da Cova.

  • Cova de Tralacosta en Paderne

Para chegar teremos que ir pola localidade de Paderne e descender ata cruzar O río Pequeno, e logo ascender pola ladeira. Ten incribles sás subterraneas de estalactitas e estalagmitas. Unha cova dividida en dúas partes, unha simple galería de uns 80 metros de longo con formacións bastante deterioradas pero que no seu remate ábrese un pozo vertical de uns 20 metros de profundidade que dá acceso a unha das salas máis fermosas da Península Ibérica. Acceso a pé bastante duro, a sala inferior só está ao alcance de expertos solamente: compre facer rápel a escuras.

  • Cova do Taro da Lastra en Mostaz

A 450 metros do pobo na ruta hacia a mina de Torubio, cova de desenvolvemento horizontal (200 metros aprox), ideal na súa primeira parte para a iniciación a espeleoloxía. Consta dun tubo de entrada de uns 10 metros donde se teñen atopado restos cerámicos do século XI e posiblemente,  a falta dunha excavación a fondo, conteña restos de épocas anteriores. Ten unha sala ampla bastante deteriorada seguida dunha zona máis técnica no fondo da cal se atoparon dous esqueletos fosilizados de Oso das Cavernas (están no Museo de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela).

  • Cova da Ceza

Encóntrase en Noceda (a 8 quilómetros de Seoane), ten uns 680 metros de lonxitude nos cales o visitante atoparase con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos cales discurre un regato de agua procedente dun lago de 25 metros de profundidade localizado ao final. Unha das grandes covas do Courel, máis de .1200 metros de desenvolvemento horizontal. Polo seu interior discurre un río, e no fondo dela hai un fermoso lago subterráneo que da paso a unha serie de cavidades inundadas aptas somentes para espeleobuceadores moi expertos. Nesta cova atopouse un alfileteiro de oso tallado e restos fósiles.

  • Buracada das Choias

Atopase en Visuña a 15 qm. de Soeane, seguindo o camiño de Campelo a uns 1.500 metros tomase un sendeiro a dereita onde discurre en paralelo un muro de pedra ata chegar os bosques de encinas, onde no seu borde atoparemos un pequeno fundimento que é a entrada. Na saída de Visuña cara a Seara á dereita, a uns 150 metros da carreteira, unha formación xeolóxica única en España na que nace un río. Tecnicamente asequible no verán e no outono, consta dunha gateira de entrada e unha sala bastante ben conservada.

  • Cova do Oso

Está en Moreda, andando uns 20 minutos, situada aos pés duns resaltes rochosos emprazados a dereita do camiño que conduce a Devesa de Rogueira, pouco antes de introducirse no bosque. Ten certo interese arqueolóxico xa que se teñen atopado nela restos de cerámica.

  • Cova de Teixeira

Ao chegar ao "Alto do Golado" desde Seoane, divisase a localidade de Teixeira. Se tomamos o camiño a esquerda chegaremos ao lugar de A Poza, onde atoparemos esta cova de grande profundidade. A de máis lonxitude de Galicia, uns 3.500 metros.

  • Cova de Chao dos Mazaricos en Paderne

No alto da marxe dereita da devesa da Escrita, pode accederse a ela pola pista que sube ao cordal da serra, unha forte pendente. A cova está ao pé dun vello e grande teixo, ten uns 90 metros de longo e unhas formacións espectaculares. Técnicamente doada, pero de compricado acceso.

  • Cova da Arcoia en Céramo

A cova máis fermosa de Galicia, con abundantes restos fósiles e sen explorar na súa totalidade. Moitísimas formacións xeolóxicas, tecnicamente moi compricada.

  • A gran sima de Tara en Visuña

Comunicada posiblemente con Arcoia, descenso vertical que dá paso a unha ampla cova moi perígosa polos desprendementos.

  • Cova das Choias de Moreda

A 20 metros do Carrozo da Gralleira e a 3 da pista que une Moreda con Campelo, ten a lenda dun tesouro agochado polos habitantes do Cido. Extremadamente perigosa.

CASTROS:

No Caurel, e en particular o val do Rio Lor, hai numerosos asentamentos castrexos, denominados “mineiros” pola súa posible  vinculación ás explotacións auríferas e ao traslado do mineral polo Lor, xa que moitos dos castros localízanse nas súas ladeiras como gardando o paso.

  • Castro de Vilar

Atópase a uns 500 metros da localidade de Vilar (a 7 quilómetros de Folgoso). Este espectacular xacemento, do século I d.C., ocupa a cota máis alta dun esporón de lousa, arredor do que debuxa un marcado meandro o río Lor. Grazas ás súas fortísimas pendentes, o xacemento é case inexpugnábel en todo o seu perímetro, agás polo sur. Para garantir a defensa deste extremo, construíuse un potente sistema defensivo de catro foxos, e reforzouse con tres torres. A topografía irregular limitaría moito a superficie habitábel do castro, polo que se construiron socalcos, con utilidade construtiva e defensiva.

  • Castro de Vilamor

Situado a poucos metros por encima do núcleo de Vilamor. Destaca polas pedras fincadas no chan como sistema defensivo, laxes de lousa colocadas de canto e practicamente pegadas entre si, o que faría un efecto de coitelas que dificultarían moitísimo o paso.

  • Castro de Foz

Entre Folgoso e Ferreirós de Abaixo encontramos o castro de Foz, cerca da fervenza de Albardaira. Na outra marxe do río Lor e en fronte deste castro, está o castro de Fouciños. Ambos controlando o paso a través da conca do río Lor.

  • Castro da Torre

Está próximo á localidade de Sobredo (a 7 qm. de Folgoso), para chegar desviarémonos polo camiño da dereita na estrada de Sobredo, seguimos de frente e logo a esquerda. Comenzado a construir no século I d.C. sobre un esporón de lousa que se eleva 300 m. sobre a beira dereita do río Lor. Mide 150 por 45 m nos seus eixes maiores, e está delimitado por unha muralla e un gran foxo no seu extremo NW. Este foxo mide 120 m de longo, ten un fondo de 16 m e un ancho que varía entre os 5 e 20 m. O poboado está conformado por dous recintos dispostos en liña ao longo do esporón rochoso.

  • Castro de Miraz

Situado antes do pobo de Miraz, nun outeiro dende onde se domina o val do río Pequeno, ten unhas murallas de gran altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas.

  • Castro de Monte Cido ou Torre Cabreira

Xacemento sito na parte alta dun gran esporón, protexido por defensas naturais e ao menos tres foxos. As construccións sitúanse na ladeira meridional. Aqui atopáronse dúas pezas romanas que se conservan no Museo Provincial de Lugo: a Táboa da Hospitalidade e a Aguia de Carbedo. A Tábula Hospitalis é unha lámina rectangular de bronce, co texto dun pacto de protección subscrito no ano 28 d.C.. A Aguia de Carbedo ou Aguia do Caurel é unha pequena escultura de bronce que se pensa formaba parte do remate dun estandarte militar.