Folgoso do Courel está situado ó sureste da provincia de Lugo, e ten unha extensión de 193 km2 (aínda que só supón o 1% da superficie galega, aquí se concentran o 40% das plantas superiores da Comunidade). O seu terreo esta contituído por cadeas montañosas na dirección NE-SO, entre as cales encontraremos numerosos ríos e regatos, dos cales o maís destacable e o río Lor.

As tendencias climáticas mediterráneas e eurosiberianas, convirten o clima do Courel nun clima de montaña con fortes variacións de temperatura de inverno a verán.

O Concello ten unha poboación aproximada duns 1.100 habitantes distribuídos entre as nove parroquias que forman Folgoso do Courel. A continuación deixámoslles cunha lista das parroquias e pobos que a compoñen.


  • Vilamor (San Vicente)
    • O Carballal, Froxán, Mazo Santiagoso, Castro Portela, Vilar, A Campa, Vidallón, Vilamor.
  • Folgoso (Santa Marina)
    • Sobredo, Ferreirós de Abaixo, Ferreirós de Arriba, Santa Eufemia, Eiriz, Valdomir, A Pendella, O Touzón, Folgoso.
  • Seceda (San Silvestre)
    • Cortes, Lousadela, Seceda.
  • Seoane (San Juan)
    • Mercurín, Ferrería Vella, Ferrería de Seoane, Moreda, Parada, Piñeria, Seoane.
  • Esperante (San Pedro)
    • Castro de Romeor, Romeor, Millares, Mostaz, O Carbedo, Esperante, Campelo.
  • Horreos (San Pedro)
    • Hórreos, Ferramulín.
  • Visuña ( Santa Eufemia)
    • Visuña, Céramo.
  • Meiraos (Santa María)
    • Pedrafita, Paderne, Miraz, O Mazo, Villasibil, Meiraos.
  • Noceda (San Pedro)
    • Noceda, Vilela, Teixeira.