Folgoso do Courel

Como chegar

O concello de Folgoso do Courel está situado ao sureste da provincia de Lugo, limita cos concellos lucenses de Quiroga, Pobra do Brollón, O Incio, Samos e Pedrafita do Cebreiro e cos leoneses de Barjas e Oencia.

 

As principais vías de acceso ao concello de Folgoso do Courel son:

- polo sur a N-120 (Logroño-Vigo) ata Quiroga, en Quiroga coller a LU-651 a Folgoso-Seoane.

- polo norte a A-6 (Madrid-A Coruña) ata Pedrafita do Cebreiro, en Pedrafita do Cebreiro coller a LU-633 e seguir indicadores de O Courel.