Folgoso do Courel

XORNADA PRACTICA ENXERTO

NOVAS 15 de Marzo de 2018 a las 13:00
XORNADA PRACTICA ENXERTO

O sábado 7 de abril terá lugar unha Xornada práctica de enxerto, organizada polo Concello e impartida polo Viveiro Castanea Sativa, de Cubillos del Sil-O Bierzo.A actividade durará todo día, en horario de maña e tarde. O punto de encontro será a Casa do Concello en Folgoso as 10:00 horas. O prezo serán 10 euros, que se entregarán ao comezo da xornada. As persoas que queiran participar da devandita actividade deberán anotarse chamando ao teléfono 982433134 de mércores a domingo. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello e o número de prazas serán 50.