Folgoso do Courel

XORNADA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL EN FOLGOSO DO COUREL

NOVAS 20 de Abril de 2018 a las 18:06
XORNADA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL EN FOLGOSO DO COUREL

No día de hoxe levouse a cabo unha xornada de educación ambiental en Folgoso do Courel dirixida a alumnos de sexto de primaria e organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra Courel. Neste programa denominado Sementar, sementarei  participan 240 alumnos de todos os centros escolares dos 13 concellos que conforman o GDR. Na actividade, que incluía a realización de talleres e a plantación de árbores por parte dos escolares, participaron diversas autoridades como a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, a Xefa Territorial de Medio Rural, o Secretario Xeral de Agader, o Presidente do GDR e a Alcaldesa de Folgoso do Courel.

http://mediorural.xunta.gal/nc/institucional/comunicacion/nova/nx/nova_estandar29936.html/