Folgoso do Courel

XA SOMOS XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO

NOVAS 13 de Abril de 2019 a las 18:00
XA SOMOS XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO

Montañas do Courel xa é Xeoparque Mundial da Unesco, así o decidiron na súa 206ª reunión da executiva da UNESCO que se celebrou en París. O territorio Montañas do Courel -formado polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil- é o primeiro xeoparque de Galicia e únese aos doce que teñen esta categoría en España.