Folgoso do Courel

VIAXE A FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA 2019

NOVAS 29 de Mayo de 2019 a las 18:50
VIAXE A FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA 2019

Infórmase a tódalas persoas do Concello que o domingo 9 de xuño de 2019, terá lugar unha viaxe a Feira Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda, organizada polo Concello. Durante a xornada visitaranse:

-          O santuario do Corpiño

-          O salón de alimentación do Atlántico (Salimat Abanca)

-          A feira de caza, pesca e natureza (Fecap Abanca)

-          O salón turístico de Galicia (Turexpo Galicia) e a feira de festas de interese turístico (Festur), onde estarán presentes a festa da castaña e o filandón do Caurel

-          Exhibicións e concursos de animais de razas autóctonas, etc.

O transporte e a entrada á Feira son gratis, tendo que pagar unicamente o xantar. Sairase de Seoane ás 08:00 da mañá e de Folgoso ás 08:30 da mañá. 

Para máis información e/ou apuntarse poden dirixirse Á oficina municipal de turismo ou no teléfono 982 43 31 34/982 43 30 01 de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas e domingos de 10:00 a 14:00 horas, ata o día 6 de xuño.

file:///C:/Users/Usuario/Desktop/folleto_semana_verde.pdf