Folgoso do Courel

SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA

NOVAS 4 de Noviembre de 2019 a las 08:00

Anuncio

Por Decreto da Alcaldía nº 192 de 24/10/2019 resolveuse aprobar a convocatoria para o presente exercicio de 2019 das subvencións en réxime de concorrencia competitiva que se rexerán pola bases reguladoras que constan nas Bases de Execución do Orzamento de 2019 e que son as seguintes:

 

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS, ANO 2019

 

1.-OBXECTO E FINALIDADE DAS AXUDAS

 

Estas normas teñen por obxecto establecer os criterios e os procedementos para a concesión de subvencións municipais do Concello de Folgoso do Courel, para a colaboración do Concello na celebracións das festas parroquiais ao abeiro do artigo 25.2 m) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local na redacción dada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local: promoción da cultura.

 

Os principios ós que se suxeitarán os procedementos de outorgamento de subvencións son os seguintes: publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, eficacia, eficiencia, voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.

 

As presentes bases teñen por obxecto regular o establecemento de axudas económicas para a celebración das festas parroquiais en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

2.- BENEFICIARIOS

 

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria tódalas parroquias e lugares do Concello de Folgoso do Courel que promovan festas populares, actuando como representantes os organizadores das mesmas e que cumpran as seguintes condicións:

a)      Carácter tradicional dos actos para os que solicita a axuda e que conten coas autorizacións necesarias ou presentación de comunicacións previas para a súa celebración.

b)      Non ser debedor do Concello por calquera tipo de débeda de dereito público.

c)      Estar ao corrente das obrigas tributarias coa administración estatal, autonómica e coa Seguridade Social.

d)     Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade ou prohibición das mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003 e concordantes da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia

Os beneficiarios terán as seguintes obrigas co Concello de Folgoso do Courel:

  1. Cumprir o obxectivo, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da axuda de acordo coa memoria presentada. A subvención deberá ser destinada exclusivamente ós fins para os que foi concedida, quedando expresamente prohibida calquera alteración de destino non autorizada polo Concello.
  2. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, aportando, para elo, canta información lles sexa requirida.
  3. Facer constar, naquelas actividades subvencionadas, que as mesmas contan con subvención do Concello de Folgoso do Courel, coa expresión “Colabora Concello de Folgoso do Courel”.
  4. Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións de calquera entidade pública ou privada.

 

 

3.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA DAS AXUDAS

 

O importe de cada subvención non poderá superar os 100,00 € por festa, e os 500,00 € no caso das celebradas nos dous núcleos de maior entidade: Folgoso do Courel e Seoane do Courel.

 

O importe máximo a subvencionar será de 2.000,00 €, importe consignado na aplicación 338.48 do orzamento municipal para o exercicio 2019.

 

Serán actividades subvencionables ó abeiro das presentes Bases aqueles gastos derivados do fomento de actividades e programas relacionados coas festividades locais levadas a cabo no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. Non se subvencionarán gastos de comidas.

 

O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada.

 

 

4. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

 

4.1 PRAZO: As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2019

 

4.2. LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 9:00 h a 14:00 h.

 

4.3 DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBERÁ XUNTAR:

 

1. Solicitude, segundo modelos normalizados que se facilitarán polo Concello, asinado por persoa física ou presidente/representante da entidade organizadora da actividade.

2. Fotocopia do CIF no caso de persoas xurídicas e do NIF no caso de persoas físicas. No caso de que se trate dunha agrupación de persoas ou comisión de festas deberán facer constar o nome de tódolos membros e acompañarán do DNI de cada un deles.

3. Memoria explicativa da actividade realizada, con especificación da data, lugar de realización, obxectivo e fins concretos a que se destinarán os fondos e orzamento de gastos da actividade e que as facturas que se presentan foron aplicadas á actividade subvencionada.

4. Datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe da subvención, debidamente certificada pola entidade bancaria.

5. Declaración responsable da entidade solicitante na que conste as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicar ó Concello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados.

6. Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario e de non ser debedor á Facenda Estatal, Autonómica e Local, nin á Seguridade Social.

7. Facturas orixinais das mesmas e demais documentación de valor probatorio ou equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil e eficacia administrativa, as facturas deberán estar seladas e firmadas constando o recibo do pagamento. En caso de que o pagamento se realice por transferencia bancaria deberá presentarse extracto ou xustificante bancario.

8. Calquera outro documento que se considere de interese para a mellor avaliación da subvención e calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo Concello en relación co outorgamento da subvención.

 

No caso de que fosen apreciados defectos de forma ou documentación incompleta, requirirase a corrección ou rectificación no prazo de dez días hábiles, arquivándose o expediente sen máis trámites de non efectuarse a mesma.

 

5.- PUBLICIDADE

A convocatoria destas axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións e farase por Decreto da Alcaldía.

 

6. CRITERIOS DE OUTORGAMENTO

Serán subvencionables os gastos derivados do fomento de actividades e programas relacionados cas festividades locais.

No caso de que o proxecto se adecúe a finalidade da subvención percibiranse as seguintes cantidades como máximo:

×          Festas en Folgoso e Seoane do Courel: 500,00 €

×          Festas no resto de  lugares do municipio: 100,00 €.

 

No caso de que o número de solicitudes sexa superior o importe establecido como máximo, reducirase proporcionalmente.

 

7.- PROCEDEMENTO

O órgano competente para a concesión das axudas será a alcaldía, previo informe da intervención municipal.

O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas notificaranse individualmente no prazo máximo de tres meses, a contar dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes e en todo caso antes do 31 de decembro de 2019, e publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

A modificación de calquera das circunstancias que se tiveran en conta para a concesión das mesmas, que deberá ser posta en coñecemento do concello, poderá dar lugar á modificación da resolución.

 

7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

O pagamento destas axudas realizarase mediante transferencia bancaria, tras a súa xustificación por medio da presentación de facturas orixinais.

 

Non poderá realizarse o pago da subvención mentres a persoa física/xurídica beneficiaria non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa Seguridade Social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

 

8.- REINTEGRO DA SUBVENCIÓN

 

O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación da subvención para actividades ou conceptos non estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de xustificación, a duplicidade de subvencións para o mesmo programa, sempre que non sexan complementarias, constituirán causa determinante para a revogación da subvención concedida, co conseguinte devolución dos créditos obtidos.

 

Igualmente, o falseamento ou ocultación dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, dará lugar á cancelación de subvencións e á obriga do reintegro das cantidades recibidas.

 

As cantidades a reintegrar terán a condición de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza o previsto no Regulamento Xeral de Recadación

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL.

 

Para o non previsto nestas bases será de aplicación do disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvención e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia así como o disposto nas bases de execución do orzamento municipal.

 

 

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE ALUMNAS/OS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2º CICLO) DO CIP POETA UXÍO NOVONEYRA DO CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL

 

1.- OBXECTO E FINALIDADE DAS AXUDAS

 

O obxecto das presentes bases é a concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar de alumnas/os matriculadas/os de Educación Infantil no CIP POETA UXÍO NOVONEYRA do Concello de Folgoso do Courel en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

2.- BENEFICIARIAS/OS

As axudas poderán ser solicitadas polos proxenitores ou titores/as do alumnado que reúnan os seguintes requisitos:

1. Que tódolos membros da unidade familiar estean empadroados e teñan residencia efectiva no Concello de Folgoso do Courel.

2. Ter fillas/os cursando estudios de educación infantil de 3 a 5 anos noCIP Poeta Uxío Novoneyra no curso 2019-2020.

3. Non ser debedor/a da Facenda Municipal, Autonómica e Estatal, así como da Seguridade Social

5. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención outorgada polo Concello de Folgoso do Courel.

6. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas co Concello de Folgoso do Courel:

a. Cumprir a actividade obxecto da subvención, é dicir, realizar o gasto en libros e material escolar para o curso no que se acredite a matriculación.

b. Cumprir tódolos requisitos recollidos no punto 2 das bases reguladoras.

c. Someterse ás actuacións de comprobación da veracidade dos datos reflectidos na documentación presentada, así como do cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda e colaborar co concello nas ditas actuacións.

d. Comunicar ao Concello de Folgoso do Courel calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda.

 

3.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA DAS AXUDAS

As axudas serán como máximo de 150 euros por cada filla/o que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos no CIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2019-2020. A aplicación orzamentaria á que se imputarán estas axudas é a 326.48 do orzamento municipal para o 2019 ata un total de 1.100 euros.

Poderá incrementarse esta contía prevista en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Dita ampliación poderá acordarse por Resolución da Alcaldía e deberá publicarse nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

 

4.- SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NECESARIA

 

4.1 PRAZO: As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2019.

 

4.2. LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 9:00 h a 14:00 h.

 

4.3 DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBERÁ XUNTAR:

 

As solicitudes achegaranse mediante modelo oficial subscrito pola persoa interesada (pai/nai/titor legal). A presentación da dita solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para a comprobación dos datos que constan na mesma ante os organismos ou entidades correspondentes.

Cada solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

1) Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade.

2) Fotocopia do libro de familia. No seu caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia da/o alumna/o, de selo caso.

3) Certificado expedido polo centro, acreditativo de que a persoa solicitante cursa estudos no mesmo.

4) Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e co Concello, así como de non estar incurso en ningunha das prohibicións para contratar.

5) Declaración de outras axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación.

6) Datos bancarios da persoa beneficiaria ou representante legal para recibir a subvención.

7) Facturas xustificativas nas que figure o nome da persoa solicitante e o nome da/o nena/o beneficiaria/o da axuda e detalle da compra dos libros e material escolar correspondente ao curso escolar 2019/2020.

8) Calquera outro documento que se considere de interese para a mellor avaliación da subvención e calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo Concello en relación co outorgamento da subvención.

 

5.- PUBLICIDADE

A convocatoria destas axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións e farase por Decreto da Alcaldía.

 

6.- PROCEDEMENTO

O órgano competente para a concesión das axudas será a alcaldía, previo informe da intervención municipal.

O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas notificaranse individualmente no prazo máximo de tres meses, a contar dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes e en todo caso antes do 31 de decembro de 2019, e publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

A modificación de calquera das circunstancias que se tiveran en conta para a concesión das mesmas, que deberá ser posta en coñecemento do concello, poderá dar lugar á modificación da resolución.

 

7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

O pagamento destas axudas realizarase mediante transferencia bancaria, tras a súa xustificación por medio da presentación de facturas orixinais. En casos especiais, os cales terán que ser valorados polas profesionais do Departamento municipal de Servizos Sociais, o pagamento da axuda, tras a delegación escrita do/a beneficiario/a, aboaráselle ao establecemento subministrador do material escolar.

Terán a consideración de casos especiais aqueles que por razón de necesidade, precariedade ou urxencia se atopen nunha situación de risco e/ou desprotección, sendo necesario nestes casos un informe da traballadora social do Concello, co visto e prace do/a Concelleiro/a de Asuntos Sociais.

 

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DE ALUMNAS/OS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA DO CIP POETA UXÍO NOVONEYRA DO CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL

 

1.- OBXECTO E FINALIDADE DAS AXUDAS

 

O obxecto das presentes bases é a concesión de axudas a familias para a adquisición de material escolar de alumnas/os matriculadas/os de Educación Primaria e de Educación Secundaria no CIP POETA UXÍO NOVONEYRA do Concello de Folgoso do Courel en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia.

 

2.- BENEFICIARIAS/OS

As axudas poderán ser solicitadas polos proxenitores ou titores/as do alumnado que reúna os seguintes requisitos:

1. Que tódolos membros da unidade familiar estean empadroados e teñan residencia efectiva no Concello de Folgoso do Courel.

2. Ter fillas/os cursando estudios de educación primaria ou secundaria noCIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2019-2020.

3. Non ser debedor/a da Facenda Municipal, Autonómica e Estatal, así como da Seguridade Social .

5. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención outorgada polo Concello de Folgoso do Courel.

6. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas co Concello de Folgoso do Courel:

a. Cumprir a actividade obxecto da subvención, é dicir, realizar o gasto en material escolar para o curso no que se acredite a matriculación.

b. Cumprir tódolos requisitos recollidos no punto 2 das bases reguladoras.

c. Someterse ás actuacións de comprobación da veracidade dos datos reflectidos na documentación presentada, así como do cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda e colaborar co concello nas ditas actuacións.

d. Comunicar ao Concello de Folgoso do Courel calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda.

 

3.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA DAS AXUDAS

As axudas será como máximo de 50 euros por cada filla/o que estea cursando estudios de educación primaria e secundaria no CIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2019-2020. Aplicación orzamentaria á que se imputarán estas axudas é a 326.48 do orzamento municipal para o 2019 ata un total de 1.100 euros.

Poderá incrementarse esta contía prevista en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Dita ampliación poderá acordarse por Resolución da Alcaldía e deberá publicarse nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada.

 

 

4.- SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NECESARIA

 

4.1 PRAZO: As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2019

 

4.2. LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 9:00 h a 14:00 h.

 

4.3 DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBERÁ XUNTAR:

 

As solicitudes achegaranse mediante modelo oficial subscrito pola persoa interesada (pai/nai/titor legal). A presentación da dita solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para a comprobación dos datos que constan na mesma ante os organismos ou entidades correspondentes.

Cada solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

1) Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade.

2) Fotocopia do libro de familia. No seu caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia da/o alumna/o, de selo caso.

3) Certificado expedido polo centro, acreditativo de que a persoa solicitante cursa estudos no mesmo.

4) Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e co Concello, así como de non estar incurso en ningunha das prohibicións para contratar.

5) Declaración de outras axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación.

6) Datos bancarios da persoa beneficiaria ou representante legal para recibir a subvención.

7) Facturas xustificativas no que figure o nome da persoa solicitante e da/o nena/o beneficiaria/o da axuda e detalle da compra de material escolar correspondente ao curso escolar 2019/2020.

8) Calquera outro documento que se considere de interese para a mellor avaliación da subvención e calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo Concello en relación co outorgamento da subvención.

 

5.- PUBLICIDADE

A convocatoria destas axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións e farase por Decreto da Alcaldía.

 

6.- PROCEDEMENTO

O órgano competente para a concesión das axudas será a alcaldía, previo informe da intervención municipal.

O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas notificaranse individualmente no prazo máximo de tres meses, a contar dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes e en todo caso antes do 31 de decembro de 2019, e publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

A modificación de calquera das circunstancias que se tiveran en conta para a concesión das mesmas, que deberá ser posta en coñecemento do concello, poderá dar lugar á modificación da resolución.

 

7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

O pagamento destas axudas realizarase mediante transferencia bancaria, tras a súa xustificación por medio da presentación de facturas orixinais. En casos especiais, os cales terán que ser valorados polas profesionais do Departamento municipal de Servizos Sociais, o pagamento da axuda, tras a delegación escrita da/o beneficiaria/o, aboaráselle ao establecemento subministrador do material escolar.

Terán a consideración de casos especiais aqueles que por razón de necesidade, precariedade ou urxencia se atopen nunha situación de risco e/ou desprotección, sendo necesario nestes casos un informe da traballadora social do Concello, co visto e prace do/a Concelleiro/a de Asuntos Sociais.

 

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA O APOIO Á NATALIDADE ANO 2019

 

1. OBXECTO.

O obxecto das medidas contempladas na presente ordenanza será, por un lado, establecer medidas complementarias de apoio ás unidades familiares do Concello de Folgoso do Courel e por outro, deseñar mecanismos que axuden a fixar a poboación no Concello evitando así o despoboamento que ven sufrindo mediante axudas a familias que teñan ou adopten unha/un filla/o no Concello de Folgoso de Courel para os gastos de alimentos infantís, produtos de hixiene ou farmacia / parafarmacia para o bebé en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

2. REQUISITOS

Serán beneficiarias/os destas axudas os proxenitores que estean empadroados no Concello de Folgoso do Courel e que teñan ou adopten unha/un filla/o e cumpran os seguintes requisitos:

1.- Que tódolos membros da unidade familiar estean empadroados e teñan residencia efectiva no Concello de Folgoso do Courel.

2.- Un membro da unidade familiar deberá estar empadroado no Concello de Folgoso do Courel cunha antelación mínima á data do parto ou adopción de 3 meses.

2.-As/Os nenas/os nacidas/os, ou adoptadas/os, deberán inscribirse no padrón de habitantes do Concello de Folgoso do Courel.

3.-Os membros da unidade familiar deberán comprometerse a seguir empadroados no Concello, tanto os proxenitores como as/os nenas/os, por un período de tres anos dende o nacemento ou adopción.

4.-O empadroamento suporá a residencia efectiva, polo que tanto as persoas beneficiarias como as/os súas/seus fillas/os, deberán vivir habitualmente en calquera das parroquias do Concello de Folgoso do Courel.

Esta circunstancia poderá ser comprobada en calquera momento polo Concello solicitando os informes que procedan.

5.- As persoas beneficiarias deberán atoparse ao corrente dos seus deberes tributarios coa Facenda, coa Seguridade Social e co Concello de Folgoso do Courel, cuestión esta última que será comprobada de oficio polo propio Concello.

6. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención outorgada polo Concello de Folgoso do Courel.

7. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas co Concello de Folgoso do Courel:

a. Cumprir a actividade obxecto da subvención.

b. Cumprir tódolos requisitos recollidos no punto 2 das bases reguladoras

c. Someterse ás actuacións de comprobación da veracidade dos datos reflectidos na documentación presentada, así como do cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda e colaborar co concello nas ditas actuacións

d. Comunicar ao Concello de Folgoso do Courel calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda .

 

3. TIPOS E CONTIAS DAS AXUDAS

As axudas serán como máximo de 500 euros por cada filla/o nacida/o ou adoptada/o entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2019.

O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada.

 

4. FORMA E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA AXUDA

As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, cubertas no modelo normalizado habilitado para tal fin presentaranse no rexistro xeral do Concello de Folgoso do Courel.

As solicitudes deberán ir acompañadas, inescusablemente da seguinte documentación:

1.-Certificado de padrón da unidade familiar, expedido polo Concello, onde figure a data de alta no padrón de habitantes.

2.-Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade.

3.-Fotocopia do libro de familia. No seu caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia da/o filla/o, de selo caso.

 4.-Declaración xurada das axudas solicitadas ou recibidas para a mesma finalidade.

5.-Compromiso de seguir empadroados no Concello de Folgoso do Courel por un período mínimo de tres anos.

6.-Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do Concello que non se cumpre algún dos mencionados requisitos.

7.- Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non estar incurso en prohibición para ser beneficiario de subvencións.

8.-Certificación dos datos bancarios onde se pretenda recibir o importe da axuda.

9.- Facturas de gastos aos que se aplicou a axuda que deberán ser en alimentos infantís, produtos de hixiene, farmacia e parafarmacia para o bebé. Deberán figurar nas facturas o nome da persoa solicitante e do/a neno/a beneficiario/a da axuda.

10. Calquera outro documento que se considere de interese para a mellor avaliación da subvención e calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo Concello en relación co outorgamento da subvención.

 

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ó que se produciu o nacemento ou adopción e finalizará os dous meses. No caso de que o nacemento ou adopción se produza no mes de novembro ou decembro o prazo finalizará o 31 de xaneiro de 2020.

 

5. ÓRGANOS DE RESOLUCION E PRAZO DE NOTIFICACIÓN.

A resolución do expediente, previa emisión dos informes que procedan polo departamento de servizos sociais e intervención, competerá á alcaldía.

O prazo para resolver será dun mes desde a presentación da solicitude no rexistro xeral do Concello. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a concesión da axuda ou subvención.

 

6. PUBLICIDADE E COMPATIBILIDADE CON OUTRAS AXUDAS.

A convocatoria destas axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións e farase por Decreto da Alcaldía.

A axuda contemplada nas presentes bases será compatible con calquera outra axuda coa mesma finalidade que poidan obterse doutros organismos públicos.

 

7. FINANCIACIÓN.

As accións incluídas nesta convocatoria financiaranse con cargo á asignación orzamentaria 231.48 do orzamento municipal para o 2019, ata un total de 2.000 euros para o exercicio.

Poderá incrementarse esta contía prevista en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Dita ampliación poderá acordarse por Resolución da Alcaldía e deberá publicarse nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

 

8. NORMATIVA SUPLETORIA.

En todo o non previsto nesta ordenanza, aplicarase o disposto nas Bases de execución do orzamento xeral do Concello de Folgoso do Courel para o 2019, e nas normas legais e regulamentarias de aplicación, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no RD 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións, Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demais normativa de réxime local aplicable.

 

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE DE ESTUDANTES DO CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL

 

1.- OBXECTO E FINALIDADE

Estas bases teñen por obxectivo regular as axudas para os billetes de transporte público ou facturas de gasolina/gasóleo de vehículos propios, utilizados polas/os mozas/os empadroadas/os en Folgoso do Courel, coa finalidade de axudar na súa formación durante a etapa educativa do Bacharelato, Formación Profesional ou Universitaria, fóra do concello en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

2.- BENEFICIARIOS

Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os seguintes requisitos:

1.-Estar empadroada/o e con residencia efectiva no Concello de Folgoso do Courel.

2.-Ter entre 16 e 30 anos de idade, cumpridos no momento de presentar a súa solicitude.

3.-Non ter ingresos propios.

4.-Cursar estudios de Bacharelato, Formación Profesional ou Universitaria que estean regulados.

5.-Viaxar diariamente ou residir fóra do concello.

6.-Non ser debedor/a da Facenda Municipal, Autonómica e Estatal, así como da Seguridade Social.

7.-Non ter pendente de xustificación ningunha subvención outorgada polo Concello de Folgoso do Courel.

8.-Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 13 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

3.- CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍAS DAS AXUDAS

As axudas será como máximo de 200 euros por cada solicitante. A aplicación orzamentaria á que se imputarán estas axudas é a 326.48 do orzamento municipal para o 2019 ata un total de 1.800 euros.

Poderá incrementarse esta contía prevista en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Dita ampliación poderá acordarse por Resolución da Alcaldía e deberá publicarse nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutros organismos públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada.

 

4.- SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NECESARIA

 

4.1 PRAZO: As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de novembro de 2019.

 

4.2. LUGAR: Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel de 9:00 h a 14:00 h.

 

4.3 DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBERÁ XUNTAR:

 

As solicitudes achegaranse mediante modelo oficial subscrito pola persoa interesada. A presentación da dita solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para a comprobación dos datos que constan na mesma ante os organismos ou entidades correspondentes.

Cada solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

1) Fotocopia do DNI da persoa solicitante.

2) Certificado de empadroamento

3) Copia da matrícula do curso 2019-2020

4) Declaración responsable de que non se teñen ingresos propios.

5) Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e co Concello, así como de non estar incurso en ningunha das prohibicións para contratar.

5) Declaración de outras axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación.

6) Datos bancarios da persoa beneficiaria ou representante legal para recibir a subvención.

7) Facturas xustificativas correspondentes o ano 2019 (período lectivo).

8) Calquera outro documento que se considere de interese para a mellor avaliación da subvención e calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo Concello en relación co outorgamento da subvención.

 

5.- PUBLICIDADE

A convocatoria destas axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións e farase por Decreto da Alcaldía.

 

6.- PROCEDEMENTO

O órgano competente para a concesión das axudas será a alcaldía, previo informe da Intervención municipal.

O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas notificaranse individualmente no prazo máximo de tres meses, a contar dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes e en todo caso antes do 31 de decembro de 2019, e publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

A modificación de calquera das circunstancias que se tiveran en conta para a concesión das mesmas, que deberá ser posta en coñecemento do concello, poderá dar lugar á modificación da resolución.

 

7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

O pagamento destas axudas realizarase mediante transferencia bancaria, tras a súa xustificación por medio da presentación de facturas orixinais.

 

A concesión de calquera outra axuda económica por parte do Concello terá carácter excepcional previa valoración do interese para o Concello de posibles iniciativas de persoas físicas e xurídicas que traten de potenciar sectores tan importantes como a cultura, a tradición popular, a concorrencia do turismo, a potenciación da zona e en xeral calquera que dentro das limitacións orzamentarias dun Concello destas características se poida apoiar sempre que se considere que é de interese público para o Concello.

Para o aboamento das subvencións ou axudas económicas que se poidan conceder polos órganos competentes, con cargo ó Orzamento, será indispensable acreditar polos perceptores estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Entidade que as concede, debendo xustificarse no prazo de tres meses a súa aplicación para os fins para os que foran concedidas, mediante a presentación dos documentos que suficientemente así o acrediten. Do mesmo xeito deberán cumprir tódolos requisitos que pola lexislación actualmente vixente se esixan como obrigatorios.

 

En Folgoso do Courel.