Folgoso do Courel

Subvencións do Programa Rehaluga dirixidas a propietarias/usufrutuarias de vivendas en trámite de incorporación ao Programa de vivendas baleiras

NOVAS 6 de Febrero de 2019 a las 09:00
Subvencións do Programa Rehaluga dirixidas a propietarias/usufrutuarias de vivendas en trámite de incorporación ao Programa de vivendas baleiras

Normativa

Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa Rehaluga dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (DOG nº 62 do 22/3/2018)

Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG nº 3 do 4/1/2019)

Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convocan as subvencións do Programa Rehaluga, dirixidas ás persoas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras, para o ano 2019. (DOG nº 25 do 5/2/2019) VI426C

Obxecto

Convocar subvencións dirixidas ás persoas que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas en que se realizaron actuacións para a súa incorporación ao Programa de vivendas baleiras, no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

Actuacións subvencionables

  1. Obras de conservación e mantemento.
  2. Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente.
  3. Axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.
  4. Nas actuacións de reparación, rehabilitación ou conservación de fachadas, carpintaría exterior ou cuberta das edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.

As citadas actuacións deberán ter sido consideradas necesarias no informe municipal emitido para a incorporación da vivenda ao Programa de vivendas baleiras e, ademais, deberán estar feitas no momento de presentación da solicitude da axuda.

Requisitos para obter a axuda

  1. Que a vivenda estea situada nun concello que teña asinado o acordo de adhesión ao convenio entre o IGVS e Fegamp para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras.
  2. Que haxa persoas demandantes de vivenda anotadas no correspondente rexistro municipal.
  3. Que se emitise un informe municipal sobre a necesidade das actuacións para as cales se solicita a subvención.
  4. Que a data de realización das actuacións sexa posterior á data de solicitude de incorporación da vivenda aoPrograma de vivendas baleiras.
  5. A data das facturas deberá coincidir coa do exercicio orzamentario en vigor cando se presente a solicitude de subvención.

Persoas beneficiarias

As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas e, pola súa vez, promotoras das actuacións subvencionables. Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento da concesión da subvención.
  2. Non estar incursa nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía

As actuacións serán subvencionadas polo gasto xustificado, sen que o importe desta axuda poida superar a cantidade de 8.000 euros en ningún caso.

Documentación

Solicitude e anexos. Tramitación en liña ou presencial

  1. De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante.
  2. Título que acredite a propiedade ou o usufruto da vivenda para a que solicita a axuda.
  3. Anexo II, de xustificación do gasto realizado, ao que se xuntará a seguinte documentación: memoria xustificativa do cumprimento das condicións impostas para a concesión da subvención e memoria económica xustificativa do custo das actuacións realizadas.
  4. Requirimento ou informe municipal das actuacións que se van realizar na vivenda.
  5. Certificación municipal de que a vivenda se atopa incorporada ao Programa de vivendas baleiras.

Lugar de presentación

Preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Prazo de presentación de solicitudes

Rematará ao esgotamento da partida orzamentaria da convocatoria e, en todo caso, o día 29 de novembro de 2019.