Folgoso do Courel

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

NOVAS 24 de Junio de 2019 a las 15:00
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

 

Visto que por Decreto de Alcaldía nº 84 do 17 de xuño de 2019 acordouse convocar o proceso selectivo para a contratación de un/unha auxiliar a xornada completa (100 % da xornada) e un/unha auxiliar a xornada parcial (43,75 %) para o Servizo de Axuda no Fogar cofinanciado pola Deputación Provincial no marco do Plan Provincial Único de Cooperación e pola Xunta de Galicia.

 

Visto que a referida convocatoria se publicou no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web e no Boletín Oficial da Provincia nº 139 do 19 de xuño de 2019, dándose de prazo ata o 24 de xuño de 2019 para a presentación de solicitudes, de conformidade coas bases que rexen a presente convocatoria, RESOLVO:

 1. Aprobar a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a selección de un/unha auxiliar a xornada completa (100 % da xornada) e un/unha auxiliar a xornada parcial (43,75 %) para o Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Folgoso do Courel:

 

PERSOAS ADMITIDAS

Nome                                                                          DNI         

Carmen Locay López                                                 33861030Q

Josefa López Álvarez                                                 37264387V

Celia Visuña Morales                                                 76616852B

Azucena García Piñán                                               09810995T

 

PERSOAS EXCLUÍDAS

Nome                                                                     DNI                        

Ningún

 2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de 2 días naturais, contados a partires do seguinte ao da publicación do acordo, para poder emendar, no seu caso, o defecto que houbera motivado a exclusión. De acordo coas bases de non existir persoas aspirantes excluídas, a alcaldesa poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.

 3. O exercicio correspondente ao proceso selectivo previsto na base sexta terán lugar o martes 25 de xuño de 2019 a partir das 09:00 horas no Salón de Plenos do Concello para un posto de auxiliar a xornada completa (100 % da xornada) e un posto de auxiliar a xornada parcial (43,75 %). As persoas aspirantes deberán ir provistas de D.N.I.

 4. Nomear como membros do Tribunal de Selección para a valoración de méritos e realización do exercicio aos seguintes:

Presidente/a.- Isabel Fernández Sánchez, traballadora social do hospital comarcal de Monforte de Lemos

Secretario/a: Mª Isabel Fernández Doval, persoal laboral fixo do Concello de Ribas de Sil

Vogais:

Antonio Doval Arias, persoal laboral fixo do Concello de Ribas de Sil

Leticia Copa López, traballadora social do Concello de Folgoso do Courel

Laura Estrada Pérez, traballadora social do Concello de A Pobra do Brollón

 5. Publicar a presente Resolución no Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web do Concello.

 

Folgoso do Courel.