Folgoso do Courel

RESINTONICE O SEU TELEVISOR

NOVAS 17 de Enero de 2020 a las 17:28
RESINTONICE O SEU TELEVISOR

A Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións nos centros emisores de televisión da zona, para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital. O proceso consiste no apagado nos centros emisores dalgunhas frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Os traballos realizaranse: 

-20 de xaneiro no centro emisor de Folgoso que da cobertura aos núcleos de Eiriz, Folgoso,Santa Eufemia, Meiraos, O Mazo e Vilamor.

-20 de xaneiro no centro emisor de Seoane que da cobertura aos núcleos de Esperante, Liñariños, Mostaz, O Carbedo, Vilasibil, Ferrería Vella, Mercurín, Parada e Seoane.

-21 de xaneiro no centro emisor de Parada que da cobertura aos núcleos de Campelo, Moreda e Parada.

-24 de xaneiro no centro emisor de Ferreiros que da cobertura aos núcleos de Ferreiros de Arriba e Sobredo.

-24 de xaneiro no centro emisor de Mostad que da cobertura aos núcleos de Noceda, Vilela e Piñeira.

Unha vez finalizados estes traballos deberán resintonizar os seus televisores facendo unha nova busca das canles. Para calquera dúbida ou aclaración contacten co Concello 982 43 30 01 ou ca Oficina do Dividendo Dixital en Galicia 881 866 388.