Folgoso do Courel

REIS MAGOS 2018

2 de Enero de 2018 a las 08:00
REIS MAGOS 2018

Dende Oriente e para todos os nenos e nenas que queiran coñecer a SS.MM. Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, se fai saber que …

Os nenos e nenas poderán recibir a SS.MM. Os Reis Magos o día 5 de xaneiro ás 16 horas en Seoane, onde  dará comezo a Cabalgata cuxo recorrido está previsto que finalice en Folgoso ás 18 horas. A esa hora na casa do Concello, para os nosos pequenos e pequenas, terá lugar unha merenda con chocolate quente e moitos xogos divertidos que se prolongarán ata as 20 horas.