Folgoso do Courel

PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

16 de Noviembre de 2017 a las 08:00
PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

No Boletín Oficial da Provincia nº 263 do 16 de novembro de 2017 publícase o anuncio de aprobación das bases do Programa Vivendas Baleiras do Concello de Folgoso do Courel. As persoas interesadas na incorporación de vivendas no rexistro de Vivendas Baleiras do Concello de Folgoso do Courel, así como as persoas que desexen inscribirse como demandantes de vivenda dentro do programa, poden consultar as bases no enlace, que a continuación se aporta, así como na oficina de servizos sociais do Concello. 

Enlace á publicación do Boletín Oficial da Provincia nº 263 do 16 de novembro de 2017:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_17195_1.pdf#page=11