Folgoso do Courel

PROCESO SELECTIVO BRIGADA INCENDIOS

EMPREGO NOVAS 19 de Julio de 2018 a las 13:00
PROCESO SELECTIVO BRIGADA INCENDIOS

De conformidade coa Resolución de Alcaldía de 19 de xullo de 2018 faise pública a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal consistente en:

Catro peóns de incendios e un xefe de brigada de incendios ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e a entidade local de Folgoso do Courel para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014 - 2020 a xornada completa, por obra ou servizo determinado por un período de 3 meses.

Lugar e prazo de presentación: Rexistro do Concello de Folgoso do Courel ata o luns 23 de xullo de 2018 incluído.

As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica: https://folgosodocourel.sedelectronica.es