Folgoso do Courel

PROCESO SELECTIVO AUXILIAR SAF A XORNADA COMPLETA E AUXILIAR SAF A XORNADA PARCIAL

NOVAS 19 de Junio de 2019 a las 08:00
PROCESO SELECTIVO AUXILIAR SAF A XORNADA COMPLETA E AUXILIAR SAF A XORNADA PARCIAL

Anuncio

Por Resolución da Alcaldía de data 17 de xuño de 2019 aprobáronse as bases para a selección de dous/dúas auxiliares de axuda no fogar.

Tipo e duración do contrato: Un/unha auxiliar de axuda no fogar, a xornada completa (100 % da xornada), e un/unha auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (43,75% da xornada) por un prazo de 6 meses prorrogables ata un máximo de 3 anos.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Folgoso do Courel no prazo de tres días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. As bases completas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Folgoso do Courel e na sede electrónica da páxina web: www.folgosodocourel.es

Folgoso do Courel, 17 de xuño de 2019-

A alcaldesa, Dolores Castro Ochoa.

Enlace á publicación no Boletín Oficial da Provincia:

http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/19-06-2019.pdf#page=2