Folgoso do Courel

PLAN MAIOR SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES

NOVAS 11 de Enero de 2019 a las 08:00
PLAN MAIOR SEGURIDADE DOS NOSOS MAIORES

Dende o Concello se informa sobre o timo dos falsos inspectores de luz e gas, cúas principais vítimas son persoas de avanzada idade que viven soas.  Trátase dunha estafa moi recorrente, ante a cal a Garda Civil activou o <Plan Maior Seguridade dos Nosos Maiores> co obxectivo  de salvagardar ás persoas maiores.

Segundo indican o modus operandi de estes estafadores pasa por localizar a persoas maiores que viven soas, para facerse pasar por inspectores de electricidade e gas e despois cobrar as súas vítimas por uns falsos traballos na instalación. 

Co fin de evitar que a veciñanza do noso concello sexa vítima de estes timos ponse a súa disposición o tríptico do <Plan Maior Seguridade dos Nosos Maiores> realizado pola Garda civil.