Folgoso do Courel

MELLORA DA ACCESIBILIDADE DA CASA DO CONCELLO, RAMPA EXTERIOR, ASCENSOR, ITINERARIO, ASEO E PARZA DE APARCAMENTO

nova 8 de Octubre de 2017 a las 09:49
MELLORA DA ACCESIBILIDADE DA CASA DO CONCELLO, RAMPA EXTERIOR, ASCENSOR, ITINERARIO, ASEO E PARZA DE APARCAMENTO

O Concello de Folgoso do Courel está situado nun edificio que antigamente era o Cuartel da Garda Civil. Dito edificio foi rehabilitado, quedando instalado o novo edificio da Casa do Concello de Folgoso do Courel. É unha edificación que consta de dúas plantas: na planta baixa están situados a bilbioteca, o salón de actos e a nova botica farmaceútica, e na planta alta están situadas as oficinas. Ditas plantas estaban e están comunicadas por unha escaleira.O que se pretende levar a cabo con esta obra e mellorar a accesibilidade para as persoas con discapacidade a Casa do Concello, coa instalación de unha rampla exterior, ascensor, itinerario, aseo adaptado e praza de aparcamento.

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL, UNHA MANEIRA DE FACER EUROPA.

Mellora da Accesibilidade da Casa do Concello de Folgoso do Courel, rampla exterior, ascensor, itinerario, aseo e praza de aparcamento, cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, Obxectivo temático promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e contra calquera tipo de discriminación, para dar mellor accesibilidade as persoas con discapacidade a casa do Concello reducindo a perigosidade para eles e darlles un maior e mellor servizo.