Folgoso do Courel

FORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA OS MAIORES DE 50 ANOS

NOVAS 29 de Noviembre de 2018 a las 08:32
FORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA OS MAIORES DE 50 ANOS

Camiños de coñecemento e experiencia

Proxecto de democratización do coñecemento

O obxectivo principal deste programa é:

Favorecer a democratización do coñecemento; potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos das Comarcas colaboradoras no proxecto. Para elo utilizamos accións específicas que se concretan en varios obxectivos específicos que a continuación detallamos:

- Revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio

- Concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.

- Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.

- Adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo.

- Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.

DESTINATARIOS

Poboación maior de 50 anos das comarcas que conforman a contorna de Lugo onde a universidade esta a desenvolver o programa. A Universidade de Santiago de Compostela (Programa Universitario de Maiores, IV CICLO) na súa primeira edición desenvolverá as súas sesións formativas na zona das comarcas das 4 Montañas Oriental Galega, nos municipios de: Folgoso do Courel, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.

METODOLOXÍA:

A metodoloxía será de corte participativa e aberta onde os docentes universitarios desenvolveran varias sesións de docencia: teóricas unhas (de conferencia/seminario onde se pretende favorecer o dialogo e participación dos asistentes) e outras prácticas (con actividades de visita guiada, obradoiro,…) sendo unhas de corte máis humanístico, outras máis científicas e outras artísticas en cada unha das comarcas do programa DEMOCRATIZACIÓN DO COÑECEMENTO.

DATAS:

13 e 20 decembro 2018  Os usos das novas tecnoloxías na vida cotiá.

17 decembro 2018 Biodiversidade.

18 decembro 2018 Historia da cultura de Galicia.

LUGARES:

As clases impartiránse na Estación Científica do Courel.

As persoas interesadas en participar de esta acción formativa poden inscribirse chamando ao teléfono 982433001 en horario de luns a venres de 08:00 a 15:00.