Folgoso do Courel

EMERXENCIA SANITARIA

CORONAVIRUS 13 de Marzo de 2020 a las 22:00
EMERXENCIA SANITARIA

ACORDO MEDIANTE O QUE SE DECLARA A SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, E SE ACTIVA O PLAN TERRITORIAL DE EMERXENCIAS DE GALICIA (PLATERGA) NO SEU NIVEL IG (EMERXENCIA DE INTERESE GALEGO), COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA EPIDEMIA DO CORONAVIRUS COVID-19


O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de marzo de dous mil vinte, aprobou o acordo mediante o que se adoptaron as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus “COVID-19”.


Os coronavirus son unha ampla familia de virus que, normalmente, adoitan afectar só aos animais, aínda que algúns teñen a capacidade de transmitirse dos animais ás persoas, pro- vocando cadros clínicos que van desde o arrefriado común ata enfermidades máis graves, como acontece co coronavirus que causou a síndrome respiratoria aguda grave (SRAS-CoV) e o coronavirus causante da síndrome respiratoria de Oriente Medio (MERS-CoV).

A aparición do coronavirus COVID-19 no mes de decembro de 2019 creou un escenario mundial que require da adopción de medidas preventivas e de accións que permitan facer un seguimento da situación do avance dos casos, o que implica para as autoridades a previsión de escenarios e o deseño de protocolos que permitan prever e afrontar os múltiples escenarios que se poidan dar, coa maior eficacia posible.

O Regulamento sanitario internacional (RSI 2005), establece a figura da da emerxencia de saúde pública de importancia internacional (ESPII) ante eventos extraordinarios que se determine que constitúen un risco para a saúde pública doutros Estados, por mor da propagación internacional dunha enfermidade, e poderían exixir unha resposta internacional coordinada.
O xoves día 30 de xaneiro celebrouse a segunda reunión do Comité de Emerxencias do RSI en relación co abrocho polo novo coronavirus COVID-19 na República Popular de China. Como resultado das deliberacións, o director xeral da OMS declarou que o dito abrocho constitúe unha ESPII.

Neste sentido, todas as actividades propostas pola OMS e polo Comité de Emerxencias neste momento están en marcha en todo o Estado, en coordinación coas comunidades autónomas.

Na Comunidade Autónoma de Galicia constituíse unha Comisión interdepartamental para o seguimento do coronavirus COVID-19 e outras enfermidades emerxentes, que ten atribuídas as funcións de coordinación, seguimento e avaliación das actuacións adoptadas, tanto preventivas como paliativas, en función da situación epidemiolóxica concreta en Galicia e no Estado, a proposta de sistemas de vixilancia, a aprobación dos niveis de decisión e de responsabilidade das actuacións para preparar a resposta e da coordinación coa Administración xeral do Estado, así como a aprobación dos plans e protocolos de pre- paración e resposta e a coordinación da información.

A Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública, establece no seu artigo 1 que, co obxecto de protexer a saúde pública e previr a súa perda ou deterioración, as autoridades sanitarias das distintas administracións públicas poderán, dentro do ámbito das súas competencias, adoptar as medidas previstas na mesma lei cando así o exixan razóns sanitarias de urxencia ou necesidade.

Segundo o artigo 2 da mesma Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, as medidas inclúen o recoñecemento, tratamento, hospitalización ou control cando se aprecien indicios racionais que permitan supoñer a existencia de perigo para a saúde da poboación por mor da situación sanitaria concreta dunha persoa ou grupo de persoas ou polas condicións sanitarias en que se desenvolva unha actividade.

O artigo 3 da mesma lei orgánica prevé tamén que, co fin de controlar as enfermidades transmisibles, a autoridade sanitaria, ademais de realizar as accións preventivas xerais, poderá adoptar as medidas oportunas para o control dos enfermos, das persoas que estean ou estivesen en contacto cos eles e do ambiente inmediato, así como as que se consideren necesarias en caso de risco de carácter transmisible.

Por outra banda, o artigo 24 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, prevé que as actividades públicas e privadas que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias negativas para a saúde, serán sometidas polos órganos competentes ás limitacións preventivas de carácter administrativo, de acordo coa normativa básica do Estado.

O artigo 26 da mesma Lei 14/1986, do 25 de abril, prevé a posibilidade de que as autoridades sanitarias poidan adoptar as medidas preventivas pertinentes cando exista ou se sospeite razoablemente a existencia dun risco inminente e extraordinario para a saúde. A duración das ditas medidas fixarase para cada caso, sen prexuízo das prórrogas sucesivas acordadas por resolucións motivadas, e non excederá o que esixa a situación de risco inminente e extraordinario que as xustificou.

Pola súa banda, os artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, prevé así mesmo a adopción de medidas por parte das autoridades sanitarias en situación de risco para a saúde das persoas.

Na mesma liña, o artigo 34 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, inclúe entre as intervencións públicas que poderán exercer as autoridades sanitarias competentes sobre as actividades públicas e privadas que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias para a saúde, adoptar as medidas preventivas que se consideren pertinentes en caso de que exista ou se sospeite razoablemente a existencia dun risco inminente e extraordinario para a saúde.

Tamén o artigo 38 da mesma lei prevé que as autoridades sanitarias poderán levar a cabo intervencións públicas nos supostos de riscos para a saúde de terceiras persoas, nos mesmos termos previstos nos artigos 2 e 3 da Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril.

O artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, atribúe a condición de autoridade sanitaria ao Consello da Xunta de Galicia.
A situación e evolución do COVID-19, con case 120.000 casos e 114 países afectados no 11 de marzo, provocou que a OMS definise a epidemia como pandemia global.

Sobre esta base, e tendo en conta que diversos estudos indican que, de non poñer en marcha medidas extraordinarias de distanciamento social, ata un 60% da poboación no peor escenario podería infectarse, o que provocaría unha onda epidémica sensiblemente elevada, que ademais, polos datos publicados na literatura científica, incidiría de maneira especial na poboación maior de 70 anos, que constitúe un 19 % da poboación galega, onde a taxa de mortalidade podería superar o 2% entre os afectados, pódese afirmar que a situación actual supón un risco inminente e extraordinario para a saúde da poboación.

Por outra banda, a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia establece no seu artigo 36.1 que, cando a situación de perigo ou os danos ocorridos sexan, pola súa especial extensión ou intensidade, particularmente graves, o Consello da Xunta, por solicitude da persoa titular da consellaría competente en materia de protección civil, poderá acordar a declaración de emerxencia de interese galego.

Segundo o artigo 8 da citada Lei, en canto sexa activado un plan de protección civil ou nas situacións de risco ou emerxencia declarada, a autoridade de protección civil competente poderalles ordenar aos cidadáns a prestación de servizos persoais, de acción ou omisión, sempre de forma proporcionada á situación de necesidade e á capacidade de cada individuo. Así mesmo, sempre que a emerxencia o faga necesario e tendo sempre presente o principio de proporcionalidade, a autoridade de protección civil poderá ordenar a intervención e a ocupación temporal e transitoria dos bens dos cidadáns.

O Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) determina que se activara o nivel IG “Emerxencia de Interese Galego”, segundo a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia cando se produza unha emerxencia declarada como de interese galego polo Consello da Xunta.

Ante a evolución da situación en Galicia que motivou a declaración polo Consello da Xunta/Consellería de Sanidade da Emerxencia Sanitaria a causa COVID-19, que pode esixir da necesidade de adoptar medidas disruptivas tales como a restricción de movementos ou o confinamento, garantindo o correcto equilibrio no exercicio de dereitos e obrigas da cidadanía galega, así como coordinar as actuacións necesarias de todos os organismos e a mobilización de medios e recursos dispoñibles na comunidade autónoma baixo a unidade de acción mediante o establecemento dun mando único, por proposta do conselleiro competente en materia de protección civil e de acordo co disposto nos artigos 11.2.e) e 36 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia

En consecuencia, de conformidade coas previsións normativas antes indicadas, e vista a solicitude de declaración de Emerxencia sanitaria de interese galego formulada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade,

ACÓRDASE

Primeiro.- Declarar a situación de emerxencia sanitaria de interese galego, a solicitude da Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Esta declaración poderá implicar a reorganización funcional dos servizos administrativos e as modificacións orzamentarias precisas para afrontar a emerxencia.

Segundo-. Activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia coa conseguinte asunción de todas as actividades de emerxencia polo titular da presidencia da Xunta de Galicia ou persoa en que delegue.

O director do Plan acordará a participación de todos aqueles operativos que se consideren necesarios. A activación do plan implicará, en todo caso:

a) A constitución do centro de coordinación operativo do plan e, no seu caso, do centro de control operativo integrado.

b) O enlace co posto de mando avanzado.

c) A movilización inmediata dos diversos grupos operativos.

d) A información á poboación e a comunicación das instrucións pertinentes.

Terceiro-. Constituír, co obxecto de garantir o funcionamento e a operatividade do Plan, un Centro de Coordinación Operativa (CECOP) presidido polo director do plan ou persoa en quen delegue do que forman parte ao menos os seguintes membros:
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, A.P e Xustiza Delegación do goberno Conselleiro de Sanidade Consellería de Política social; SXT Política social Consellería de Cultura e Turismo: SXT Cultura e Turismo Consellería de economía emprego e industria: Secretaría xeral de emprego Consellería de medio ambiente: presidente de sogama Director xeral de Emerxencias e Interior Xerente Axega Asesoría xurídica xeral Director Xeral de Saúde Pública Xerente do sergas Director 061 Secretaria xeral de Medios Direccción del gabinete del presidente presidente FEGAMP o persona en quien delegue Establecese a creación dunha Sala de Coordinación Operativa (SACOP) no CIAE112 na que estarán: 1. SERGAS 061 2. AXEGA 112 3. Garda Civil 4. Policía Nacional 5. UPA

Aos efectos de centralizar, coordinar, preparar e difundir entre a poboación toda a información sobre a evolución da situación establécese un gabinete de información dependente directamente da Dirección do Plan, que formará parte do CECOP.

Cuarto-. Para o desenvolvemento do Plan poderán ditarse ordes e instrucións que afecten a dereitos da cidadanía nos termos establecidos polas leis, así como adoptar medidas de obrigado cumprimento para os seus destinatarios e destinatarias, conforme ao que dispoña se así o aconsellan ás necesidades da emerxencia e dos bens a protexer.

En particular, habilítase ao CECOP para revisar ou adaptar ás circunstancias as previsións establecidas neste acordo.
O Plan Territorial de Protección Civil de Galicia (PLATERGA) considera como medidas de protección as accións encamiñadas a impedir ou diminuír os danos a persoas e bens, materiais, naturais ou culturais, que poidan producirse, ou que se producen, en calquera tipo de emerxencia.

E, entre as medidas de protección referidas á poboación, establece as seguintes:
- Avisos á poboación afectada
- Confinamento en lugares seguros
- Evacuación e asistencia social
- Seguridade cidadá
- Control de accesos

Quinto-. A desactivación do plan será declarada formalmente polo seu director, unha vez superada totalmente a situación de emerxencia, comunicando esta situación á Axencia Galega de Emerxencias a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

Sexto-. A declaración de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, entenderase sen prexuízo das competencias estatais e das medidas que o Goberno ou a Administración do Estado aprobe no marco das súas competencias e en coordinación con elas.

No caso de que sexa precisa a adaptación das medidas previstas neste Acordo ás actuacións que poida aprobar o Goberno ou a Administración do Estado, habilítase para elo ao vicepresidente e conselleiro de presidencia, administracións públicas e xustiza.

Sétimo.- Como medida adicional ás previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 12 de marzo de 2020, e tendo en conta a evolución da situación, disponse a suspensión da actividade durante 14 días, a contar dende a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de todos os establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no Anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia, e nomeadamente:

- Cines
- Teatros
- Auditorios
- Circos
- Establecementos de espectáculos deportivos
- Recintos feirais
- Casinos
- Salas de bingo.
- Salóns de xogo
- Tendas de apostas
- Estadios deportivos
- Pavillóns deportivos
- Recintos deportivo
- Pistas de patinaxe
- Ximnasios.
- Piscinas de competición
- Piscinas recreativas de uso colectivo.
- Parques acuáticos
- Salóns recreativos
- Parques multiocio
- Museos
- Bibliotecas
- Salas de conferencias
- Salas polivalentes
- Salas de concertos
- Restaurantes
-Salóns de banquetes
- Cafeterías
- Bares
- Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas
- Salas de Festas
- Discotecas
-Pubs
- Cafés-espectáculo
- Furanchos
- Centros de ocio infantil.

Oitavo: Os establecementos de restauración, como cafeterías, bares e restaurantes permanecerán cerradas ao público, pudiendo prestar exclusivamente servicios de entrega a domicilio o para su recogida en el local y consumo a domicilio.
La permanencia en estos establecimientos deberá ser la estrictamente necesaria. En todo caso se evitarán aglomeraciones y se controlará que consumidores y empleados mantengan la distancia de seguridad establecida a fin de evitar posibles contagios.

Noveno: El cierre no afecta a los bares y restaurantes ubicados en establecimientos hoteleros o en el interior de las instalaciones destinadas a la prestación de servicios públicos, sempre que a súa actividade se limite estritamente aos seus clientes aloxados ou aos traballadores das instalacións.

Décimo: Suspéndese a actividade polo mesmo tempo indicado de todos os locales, establecimientos y comercios minoristas.
Porén, manteranse abertos comercios minoristas de alimentación y e de bens de consumo de primeira necesidade. En concreto, podrán permanecer abiertas las fruterías, carnicerías, pescaderías, panaderías, farmacias, gasolineras, estancos, quioscos y supermercados, entre otros. En el caso de las grandes superficies solo podrán abrir la zona habilitada con este tipo de servicios.

La permanencia en los establecimientos comerciales cuya apertura esté permitida deberá ser la estrictamente necesaria para que los consumidores puedan realizar la adquisición de alimentos y productos de primera necesidad, quedando suspendida la posibilidad de consumo de productos en los propios establecimientos.

Asimismo, podrán permanecer abiertas los comercios por correspondencia o Internet.

Décimo primeiro. Así mesmo, disponse por igual tempo a suspensión da actividade dos establecementos balnearios regulados na Lei 5/1995, de 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manantial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a dos espazos termais e piscinas termais de uso lúdico, reguladas na Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

Décimo segundo. Suspéndese polo tempo previsto neste acordo a actividade dos albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia.

Décimo terceiro. Durante o tempo previsto neste acordó, el aforo de edificios de culto, tanatorios, o cualquier instalación asimilada quedará reducida aun terzo da súa capacidade máxima. Así mesmo, os cortexos fúnebres quedarán reducidos a un máximo de 25 persoas.