Folgoso do Courel

CURSO BÁSICO DE APICULTURA 4 E 5 DE MAIO

NOVAS 10 de Abril de 2019 a las 14:28
CURSO BÁSICO DE APICULTURA 4 E 5 DE MAIO

O Concello de Folgoso do Courel e a Asociación Galega de Apicultura organizan un curso básico de apicultura para os días 4 e 5 de maio do 2019. O horario será sábado de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas e domingo de 10 a 14 horas, no salón de actos da Casa do Concello en Folgoso.O curso será de balde para os empadroados no Concello de Folgoso do Courel e para socios de AGA. Para o resto terá un prezo de 50 euros. Será impartido por un técnico da Asociación Galega de Apicultura e incluirá unha práctica no apiario polo que será preciso ter traxe apícola.

O prazo de inscricións estará aberto ata o 1 de maio. As inscricións hai que facelas en AGA, enviando a ficha de inscrición por email a info@apiculturagalega.es ou por carta a AGA Feira Nova s/n 15819 Santa María - Arzúa. Os empadroados no Concello de Folgoso do Courel poden inscribirse no concello, dende onde se remitirá a ficha de inscrición.