Folgoso do Courel

CHARLA PLAN MAIOR SEGURIDADE

NOVAS 17 de Octubre de 2019 a las 08:00
CHARLA PLAN MAIOR SEGURIDADE

Axentes da Garda Civil acudirán o martes, día 12 de novembro, para explicar ás persoas maiores como poden previr os roubos, estafas ou timos por parte de terceiras persoas.

A charla se celebrará ás dez da mañá (10:00) no salón de actos do Concello de Folgoso do Courel e ten como principal obxectivo ofrecer unha serie de consellos prácticos para a prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores.

A iniciativa está dirixida especialmente ás persoas maiores pero estará aberta ao público en xeral.