Folgoso do Courel

CAMPO DE VOLUNTARIADO "O COUREL" DO 22 DE XULLO AO 2 DE AGOSTO

NOVAS 27 de Abril de 2019 a las 12:08
CAMPO DE VOLUNTARIADO "O COUREL" DO 22 DE XULLO AO 2 DE AGOSTO

Un ano máis o Concello de Folgoso do Courel contará dende o día 22 de xullo ao 2 de agosto con un Campo de Voluntariado Xuvenil, no que participarán mozos e mozas  de entre 18 e 30 anos. Este campo de voluntariado está dentro do programa Acción de Verán da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. As actividades que desenvolverán os mozos e as mozas participantes consistirán na conservación e a mellora dos contornos onde se sitúa o campo, ademais de colaborar en intervencións arqueolóxicas nos castros e xacementos de importante valor patrimonial e turístico existentes na zona. O prazo de inscrición está aberto dende o 25 de abril do 2019 ata o 10 de maio,logo abrirase un segundo prazo mentres existan vacantes.Na solicitude deberá indentificar o campo que solicita co seu código respectivo (no noso caso ese código é 270006). A solicitude presentarase mediante un formulario en liña( dispoñible neste enlace.) , elexindo ata un máximo de 5 campos, por orde de prioridade.Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coas instrucións para formalizar a inscrición nun prazo de 2 días hábiles desde a recepción do correo electrónico. Máis información do Campo de Voluntariado en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran