Folgoso do Courel

CAMPO DE TRABALLO "O COUREL" DO 14 AO 25 DE XULLO

NOVAS 5 de Mayo de 2018 a las 17:48
CAMPO DE TRABALLO "O COUREL" DO 14 AO 25 DE XULLO

Un ano máis o Concello de Folgoso do Courel contará dende o día 14 de xullo ao 25 de xullo con un Campo de Traballo Xuvenil Internacional, no que participarán mozos e mozas maiores de 18 anos de España e outros paises. Este campo de traballo está dentro do programa Acción de Verán da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. As actividades que desenvolverán os mozos e as mozas participantes consistirán na conservación e a mellora dos contornos onde se sitúa o campo, ademais de colaborar en intervencións arqueolóxicas nos castros e xacementos de importante valor patrimonial e turístico existentes na zona. O prazo de inscrición está aberto dende o 30 de abril do 2018 ata tres días antes do inicio da actividade, mentres existan vacantes. Máis información do Campo de Traballo en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran