Folgoso do Courel

BASES PROCESO SELECTIVO UN/UNHA AUXILIAR SERVIZO AXUDA NO FOGAR

EMPREGO 17 de Noviembre de 2018 a las 08:00

BASES PARA A SELECCIÓN DE UN/UNHA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, A XORNADA COMPLETA (8 HORAS) NO CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL (LUGO)

1- OBXECTO.-

Contratación laboral temporal de UN/UNHA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, A XORNADA COMPLETA (100% da xornada, 8 horas) para realizar tódalas tarefas propias do posto ó servizo deste Concello de Folgoso do Courel (Lugo). Será contratado/a tanto para a prestación do servizo a persoas valoradas dependentes como a persoas que reciben o servizo por libre concorrencia, financiándose coa achega da Deputación Provincial de Lugo no marco do Plan Único de Cooperación cos Concellos a prestación do servizo por libre concorrencia e pola Xunta de Galicia o servizo prestado a persoas valoradas como dependentes.

A xornada será de 40 horas semanais de luns a domingos. Non obstante, o Concello poderá poñer outro horario de mañá ou tarde segundo necesidades do servizo (persoas que haxa que atender e necesidades das mesmas). En casos debidamente xustificados e tendo en conta as características do posto poderase cambiar o horario inicialmente fixado por necesidades do servizo.

En caso de vacante do posto por renuncia, baixa ou calquera outro motivo contratarase, por orde de puntuación, ó/á candidato/a que se presentara á convocatoria e que non resultase seleccionado/a.

O/A traballador/a prestará os seus servizos nos lugares que lle sexa asignado/a polos responsables de servizos sociais deste Concello tendo en conta as persoas que sexan beneficiarias do servizo de axuda no fogar.

Tódolos desprazamentos que faga a persoa contratada ao abeiro destas bases como consecuencia do exercicio das súas funcións realizaranse mediante vehículo propio ou calquera outro medio pola súa conta pagándose por parte do Concello, exclusivamente, a contía de dezanove céntimos de euro (0,19 €) por quilómetro, tomando como punto de partida e final o domicilio do traballador no caso en que estea empadroado dentro do Termo Municipal de Folgoso do Courel ou a Casa do Concello noutro caso.

Ás probas selectivas seralles de aplicación, no non previsto nas presentes bases, a Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Real Decreto Lexislativo 781/1986 de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, Lei 5/1997 de 22 de xuño de Administración Local de Galicia, Lei 7/2007 de 7 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego público de Galicia e demais disposicións aplicables

2.- CARACTERÍSTICAS DO EMPREGO.-

Número e denominación do emprego: un/unha auxiliar de axuda no fogar a xornada completa (40 horas semanais).

Modalidade contractual: contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado durante un período inicial de 6 meses prorrogables ata un máximo de 3 anos mentres dure o financiamento da Xunta de Galicia para a prestación do servizo e da Deputación Provincial. A xornada será de luns a domingo cos descansos establecidos pola lexislación vixente.

Funcións: Baixo a coordinación da Sra. Alcaldesa ou persoa en quen delegue, realizaranse as funcións propias dun/ha auxiliar de axuda no fogar. 

Retribucións: As establecidas para postos similares do propio Concello: A retribución bruta mensual a xornada completa ascenderá ó importe de mil cento cinco euros con vinte e oito céntimos (1.105,28 €) coa prorrata das pagas extraordinarias incluídas.

3.- REQUISITOS.-
Para ser admitidas neste proceso de selección as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
a) Ter nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b) Ter capacidade para ser contratado conforme ao disposto no Estatuto dos Traballadores.
c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida ou sexa compatible co normal desempeño das funcións correspondentes ás prazas obxecto da convocatoria.
d) Non ter sido despedido ou separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para
empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
e) Non atoparse incurso nas causas de incompatibilidade ou incapacidade que determine a lexislación vixente.
f) Estar en posesión de carné de conducir B e dispoñibilidade de vehículo ou compromiso de posibilidade de desprazarse ao centro de traballo. As/os candidatos/as ao proceso de selección deberán dispor de medios propios para desprazarse aos
diferentes lugares do termo municipal onde se deban desenvolver as tarefas relacionadas co traballo por entender que garda relación obxectiva e proporcionada coas funcións asumidas e as tarefas a desempeñar segundo a natureza do posto de
traballo (art. 56.3 do EBEP). O Concello resarcirá a quilometraxe realizada tomando como referencia a contía establecida para os funcionarios en concepto de indemnizacións por quilometraxe.
g) Terán preferencia as persoas que estean en posesión do título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto
1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade, ou aqueles outros títulos que acrediten a cualificación profesional do persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar segundo a normativa vixente.

As persoas que non estean en posesión da devandita titulación ou certificado de profesionalidade poderán optar ó emprego pero será obrigatorio que posúan a titulación no momento en que a lexislación autonómica que regula o servizo de axuda no fogar así o esixa sen excepcións, e será causa de rescisión do contrato non cumprir con este requisito.


4.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-

Os/as interesados/as en formar parte deste proceso selectivo, presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse á Sra. Alcaldesa do Concello de Folgoso do Courel. Presentaranse debidamente cubertas, no Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel ou mediante algunha das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ata o 23 de novembro de 2018. A convocatoria publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello (https://folgosodocourel.sedelectronica.es) e os sucesivos anuncios en relación con este proceso publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello.
Unha vez publicado o anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, as bases estarán a disposición de calquera interesado/a.
Ás instancias debidamente cubertas, achegaranse os documentos que a continuación se indican e de acordo coa seguinte orde:

- Fotocopia do DNI ou pasaporte. Ademais, os aspirantes estranxeiros deberán presentar documento que acredite que é nacional da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Declaración xurada de que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na convocatoria (inclúese no modelo de instancia).
- Fotocopia dos documentos acreditativos dos méritos alegados para a súa valoración no concurso (esta documentación non será excluínte para a confección da lista provisional de admitidos e excluídos). A non acreditación dos méritos alegados determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias xa que non poderán subsanarse.
- Copia compulsada do carné de conducir.

A compulsa da anterior documentación deberaa facer o aspirante que resulte seleccionado.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes por Resolución de Alcaldía acordarase a aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos, con especificación, no seu caso, dos motivos de exclusión, a cal se publicará no taboleiro de
anuncios da Casa Consistorial e na sede electrónica do Concello.
Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 2 días naturais, contados a partires do seguinte ao da publicación do acordo, para poder emendar, no seu caso, o defecto que houbera motivado a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá tomarse novo acordo estimándoas ou desestimándoas con publicación da lista definitiva no Taboleiro de anuncios. No caso de non presentarse reclamacións polos aspirantes excluídos (de existir) a lista publicada terá carácter definitivo. De non existir aspirantes excluídos, a Alcaldesa poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación.
Para a valoración dos méritos e documentación presentada formarase unha Comisión de Valoración formada por un residente, un secretario e tres vogais de conformidade co artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público que serán nomeados por Resolución da Alcaldía que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello con suficiente antelación.

A devandita Comisión elevará acta coa valoración, asinada polos cinco membros da Comisión, á Sra. Alcaldesa, ós efectos de que proceda á contratación das persoas que obteña unha maior puntuación segundo a acta.


5.- SELECCIÓN .-
Mediante concurso - oposición segundo o disposto no apartado sexto das presentes bases entre os/as candidatos/as que presenten no Concello a súa solicitude para participar na convocatoria dentro do prazo de presentación de instancias.
Para a valoración dos méritos e documentación presentada formarase unha Comisión de Valoración formada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a e tres vogais de conformidade co artigo 60 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público que será no tribunal cualificador será designado por Decreto da Alcaldía no que se aprobe a relación provisional de admitidos e excluídos.
Todos os vogais deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso ao posto.
Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte destes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 de a Lei 30/1992, notificándoo á autoridade convocante, ou cando realizaran tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.Os aspirantes poderán recusados de acordo co artigo 29 da mencionada Lei.

Para a válida constitución e actuación do Tribunal cualificador, requirirase a presenza de mais da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, e sempre a do Presidente e a do Secretario. 

A actuación do tribunal axustarase estritamente ás bases da convocatoria.

O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases. As decisións adoptaranse por maioría dos votos dos membros presentes e en caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente do tribunal.
O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas que estime pertinentes, que se limitarán o exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.
O Presidente da Corporación resolverá segundo a proposta do tribunal, que terá carácter vinculante. De conformidade co do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, e co fin de asegurar a cobertura do posto de traballo convocado, no caso de producirse a renuncia do aspirante seleccionado, antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o Alcalde-Presidente poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan ao proposto, para o seu posible nomeamento.

A relación coas puntuacións definitivas das persoas candidatas presentadas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica.


6.- CRITERIOS DE SELECCIÓN DOS TRABALLADORES/AS.-
A selección farase de conformidade cos seguintes criterios e puntuacións:
EXAME: 5 PUNTOS
Consistirá nun exercicio de 10 preguntas que versará sobre aspectos de coñecementos xerais sobre o funcionamento dun concello, procedemento administrativo así como sobre coñecementos específicos en relación as funcións a desenvolver no posto de traballo, segundo o temario que se indica a continuación: O tempo máximo para realizar esta proba será de 30 minutos. Cualificarase de 0 a 5 puntos valorándose cada pregunta con 0,50 puntos. A data e hora de celebración da entrevista determinarase pola Comisión de valoración unha vez que remate o prazo de presentación de instancias, facéndose público no mesmo anuncio que a lista provisional de admitidos ao proceso.

Temario
1. A Constitución Española de 1978. Principios xerais e valores que a inspiran. Principais institucións políticas. Dereitos e deberes fundamentais.
2. O réxime local español. O municipio. Organización básica municipal. Competencias dos municipios.
3. Dereitos e deberes dos empregados públicos.
4. Lei de servizos sociais de Galicia. Obxecto. Sistema galego de servizos sociais.
5. Os servizos sociais comunitarios.
6. Servizo de axuda no fogar: historia, definición, usuarios e profesionais que interveñen. Prestacións e tarefas do SAF.
7. Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar.

8. Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Folgoso do Courel.
9. Lei 39/2006, de 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia. Concepto de dependencia, graos e niveis.
10. Termo municipal de Folgoso do Courel: parroquias, lugares e vías de comunicación. Servizos existentes no municipio, en especial de carácter sanitario.

FORMACIÓN: 1,50 PUNTOS
Estar en posesión de cursos formativos homologados de auxiliar de axuda a domicilio ou asistencia sociosanitaria a persoas no domicilio, auxiliar de enfermería en xeriatría, coidador de discapacitados físicos e psíquicos, cursos de xerontoloxía, de atención de persoas dependentes, ou outros relacionados co posto de traballo impartidos polos organismos oficiais competentes. Ata un máximo de 1,50 puntos segundo o baremo seguinte:
 Por cada curso de duración inferior a 50 horas lectivas: 0,25 ptos/curso
 Por cada curso de duración de 51 a 100 horas lectivas: 0,50 ptos/curso
 Por cada curso de duración de máis de 100 horas lectivas: 1,00 ptos/curso
Os méritos aos que se fai referencia neste apartado deberán posuírse á data de valoración dos mesmos polo Tribunal cualificador, computándose ata a dita data.
Acreditaranse mediante diplomas expedidos polas Entidades ou Organismos convocantes no que debe constar a duración do curso en horas e como mínimo o título do mesmo, ou ben certificación expedida polo organismo que o impartiu no que se
fagan constar os mesmos datos.

Os cursos que, a xuízo do Tribunal, non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcións propias da praza, non serán puntuados

EXPERIENCIA: 3,5 PUNTOS
Experiencia profesional: Puntuarase ata un máximo de 3,50 puntos, consonte a seguinte escala:
 Experiencia acreditada polo desenvolvemento de traballos relacionados aos da praza que se convoca realizados en calquera Administración Pública ou empresa privada (0,10 puntos/mes de servizo), non se computarán servizos inferiores a un mes.
No suposto de que a xornada de traballo non sexa do 100 %, entón a puntuación por este concepto reducirase en proporción ás horas traballadas.Para a xustificación deste apartado, os/as aspirantes deberán presentar documentación acreditativa dos servizos prestados, ben sexa a través de contrato de traballo acompañado da vida laboral, que poderá ser substituído por un certificado de servizos no caso de Administración Pública. Poderase admitir calquera outro documento con forza probatoria e en que se perciba claramente a duración do contrato, traballo desempeñado e xornada.

Non se valorarán os méritos que non estean debidamente acreditados de forma clara e expresa, a ocupación, o período traballado e número de horas.
No suposto de empate a puntos entre varios aspirantes atenderase á maior puntuación obtida por experiencia laboral, de persistir o empate por cursos formativos e finalmente no exame. Só en último caso, por sorteo realizado polo tribunal de selección en presenza dos aspirantes afectados.


7.- PUBLICACIÓN E RESULTADOS
A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas establecendo a orde definitiva de aspirantes, e publicando no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica a dita puntuación do proceso.
O Tribunal fará unha proposta de resolución para a contratación ao/á candidato/a que máis puntuación final obtivese e tendo en conta o requisito xeral referido na base terceira apartado g) no podendo propoñerun número de aspirantes superior ao número de empregos convocados.
Os/As restantes candidatos/as, pola orde de puntuación obtida, poderán ser contratados/as, sempre tendo en conta o requisito xeral referido na base terceira apartado g), no caso de que a persoa seleccionada non asine o contrato no prazo que se lle sinale ou ben renuncie ao emprego.


8º.- APORTACIÓN DE DOCUMENTOS.-
O/a candidato/a seleccionado/a deberá de presentar nas oficinas do Concello, para os efectos de formaliza-lo correspondente contrato no prazo de dez días hábiles a documentación que de seguido se indica en orixinal ou fotocopia debidamente autenticada:
- Documento Nacional de Identidade e cartilla da seguridade social.
- Declaración de non estar incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade para contratar co Concello e de cumprir tódolos requisitos esixidos pola lexislación vixente en materia de contratación laboral.
- Certificado médico de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das tarefas inherentes ao posto ofertado.
- Declaración de disposición de medios propios para realizar os desprazamentos propios desta ocupación aos respectivos domicilios.
Caso de que a persoa seleccionada non presente a documentación no devandito prazo, salvo os casos de forza maior, non se poderá formalizar o contrato, quedando anuladas tódalas actuacións sen prexuízo das responsabilidades en que se puidera incorrer por falsidade na instancia ou na documentación presentada. Neste caso formularase proposta de contratación a favor do/a seguinte da lista que reúna os requisito esixidos nas presentes bases.

9.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
Presentada a documentación sinalada no apartado anterior a Alcaldesa - Presidenta da Corporación, ditará resolución na que se resolva o proceso selectivo e se ordene a contratación laboral a favor da persoa proposta polo Tribunal.

O modelo de contrato de traballo a utilizar será, para os candidatos/as seleccionados/as , de laboral temporal nos termos dispostos na base segunda.


10.- INCIDENCIAS .-
As presentes bases e demais actos administrativos que se deriven do proceso selectivo a que se refire as presentes bases poderán ser impugnados polos interesados nos casos, termos e formas previstas na Lei 39/2015, do 2 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e Lei 7/1985 do 02 de abril reguladora das bases de réxime local e na Lei da Xurisdición Contenciosa-Administrativa.
Contra a Resolución da Alcaldesa que aproba a convocatoria e bases, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Sra. Alcaldesa no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á aprobación das presentes bases, ou directamente recurso contencioso - administrativo ante o Xulgado Provincial do Contencioso Administrativo no prazo de dous meses a partir do día seguinte á a aprobación das presentes bases ou ó da recepción da notificación da resolución do recurso administrativo de reposición, se é expresa, ou seis meses a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.
Se se interpón recurso de reposición non se poderá interpoñer recurso contencioso - administrativo ata que se resolva expresamente aquel ou se produza a desestimación presunta do devandito recurso. Tamén poderase interpor calquera outro recurso ou acción que se estime procedente.