Folgoso do Courel

BANDO

NOVAS 23 de Julio de 2019 a las 14:00
BANDO

A alcaldesa fai saber a tódolos propietarios de fincas que a Xunta de Galicia ditou unha Instrución (INSTRUCIÓN 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia) na que obriga á xestión da biomasa e de ser o caso á retirada de especies arbóreas de fácil combustión (mimosas, eucaliptos, piñeiros, ...) nunha franxa perimetral de 50 metros arredor de instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e ás vivendas vinculadas a estas, así como novas urbanizacións e edificacións que afecten zonas de monte ou influencia forestal. Todo isto co obxecto de previr os incendios forestais.

 

Enlace á Instrución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180507/AnuncioG0426-300418-0001_gl.html