Folgoso do Courel

BANDO INFORMATIVO

CORONAVIRUS 16 de Marzo de 2020 a las 08:00

 

 Dolores Castro Ochoa, alcaldesa – presidenta do Concello de Folgoso do Courel fai saber:

Ante a incidencia do COVID-19 (coronavirus) e unha vez analizadas as recomendacións e as decisións adoptadas polo Ministerio de Sanidade, a Xunta de Galicia e a FEGAMP, o Concello incrementará as medidas preventivas xa ditadas o venres día 13, debido ás novas recomendacións feitas, que afectan ao funcionamento dos servizos públicos, por un período inicial de 15 días, dende o 16 ao 31 de marzo:

 

Os servizos administrativos municipais funcionarán con porta pechada de 9 a 14 horas.

Para aqueles supostos de urxencia, o Concello atenderá presencialmente previa petición de cita telefónica, en horario de 9 a 14 horas.

 

  • Se limita o Servizo de Axuda no Fogar a aqueles casos que sexan esenciais:
  1. Suspendese o Servizo naqueles domicilios nos que unicamente se realizan atencións de carácter doméstico. Avisarase telefonicamente aos domicilios afectados.
    1. Manterase o Servizo naqueles domicilios nos que se levan a cabo atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria ( asistencia para levantarse e deitarse, apoio no coidado e hixiene persoal, ...); así como naqueles domicilios nos que a persoa usuaria, teña recoñecida ou non a situación de dependencia, non dispoña de rede de apoio na localidade para garantirlle o abastecemento de bens de primeira necesidade.
    2. As novas altas só se  darán por cuestións de urxencia social.
    3. Nos casos de suspensión do Servizo á persoa usuaria, coma sempre, suspendese a taxa.

O Concello quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza do municipio e pedir que atendan ás indicacións das autoridades sanitarias:

 

  • SINTOMATOLOXÍA: Os síntomas máis comúns da enfermidade polo coronavirus (COVID-19) son febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea.
  • QUE SE DEBE FACER EN CASO DE TER SINTOMATOLOXÍA RESPIRATORIA: No caso de que nos 14 días seguintes á chegada dunha área de risco ou de estar en contacto cun caso de COVID-19 presente os síntomas descritos, recoméndase que non acuda directamente ao hospital nin ao centro de saúde, senón que contacte telefonicamente.
  • TELÉFONOS DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA: No caso de que teña algunha dúbida ou necesite información respecto aos aspectos asistenciais do novo coronavirus ou se padece unha sintomatoloxía leve, pode chamar ao teléfono 900 400 116. Aconséllase empregar o teléfono 061 con racionalidade e unicamente para situacións de emerxencia.

Dende o Concello apelamos á conciencia social e queremos pedir aos non residentes habituais que por favor e sempre que sexa posible, pasen os próximos días nas súas residencias habituais. No caso de desprazarse ao municipio solicitámoslles as mesmas precaucións que á nosa veciñanza, que permanezan na casa o maior tempo posible e extremen as medidas para evitar posibles contaxios.

 

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e cumprimento.