Folgoso do Courel

BANDO ALIMENTOS

13 de Marzo de 2018 a las 08:00
BANDO ALIMENTOS

Dª Dolores Castro Ochoa, Alcaldesa do Concello de Folgoso do Courel

FAI SABER

Que o PLAN 2018 DE AXUDA ALIMENTARIA ÁS PERSOAS MÁIS NECESITADAS DA UE distribuídos por Cruz Roja está destinado a todas aquelas persoas ou familias que teñen unha situación económica que lles dificulta o acceso aos medios básicos de supervivencia.

As persoas interesadas en recibir alimentos durante o ano 2018 deberán dirixirse aos Servizos Sociais do Concello, no horario que a continuación se cita, para formular a correspondente solicitude antes do vindeiro 30 de abril:

-Martes, mércores e venres de 08:00 a 15:00 no Concello de Folgoso.

-Luns e xoves de 11:00 a 13:00 no Centro de Saúde de Seoane (previa cita).

O que se fai público para xeral coñecemento.