Folgoso do Courel

BANDO ALIMENTOS 2019

NOVAS 2 de Enero de 2019 a las 08:00
BANDO ALIMENTOS 2019

Dª Dolores Castro Ochoa, Alcaldesa do Concello de Folgoso do Courel

FAI SABER

Que o PLAN 2019 DE AXUDA ALIMENTARIA ÁS PERSOAS MÁIS NECESITADAS DA UE distribuídos por Cruz Roja está destinado a todas aquelas persoas ou familias que teñen unha situación económica que lles dificulta o acceso aos medios básicos de supervivencia.

 

As persoas interesadas en recibir alimentos durante o ano 2019 deberán dirixirse aos Servizos Sociais do Concello, no horario que a continuación se cita, para formular a correspondente solicitude antes do 30 de abril:

 

-       Luns, martes, xoves e venres de 08:00 a 15:00 no concello de Folgoso.

-       Mércores de 11:00 a 13:00 no centro de saúde de Seoane (previa cita 982 43 30 90).

 

O que se fai público para xeral coñecemento.

 

En Folgoso do Courel.

Asdo.: A Alcaldesa / Presidenta

Documento asinado dixitalmente á marxe