Folgoso do Courel

Axudas económicas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas

NOVAS 11 de Enero de 2019 a las 10:00
Axudas económicas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

Comunicación do dano .

1. No prazo máximo das 72 horas seguintes á produción dos danos en cultivos agrícolas, as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias e os de autoconsumo deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é das 8.00 ás 20.00 horas, de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas, os sábados.

2. Unha vez rexistrada a denuncia, o persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda desprazarase ata o lugar dos feitos para comprobar a existencia dos danos, despois do cal se poderá facer a colleita ou continuar co cultivo afectado. Esta valoración recollerase nun informe que será remitido ao correspondente Servizo Provincial de Conservación da Natureza.

 

A quen vai dirixido?

1. Poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas, físicas o xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) ou de autoconsumo.

2. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.

3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

 

Requisitos

1. Os cultivos agrícolas afectados, polos que se solicita a axuda, deberán pertencer a unha persoa, física ou xurídica, inscrita en calquera das seccións en que se organiza o Reaga e que veñen recollidas no artigo 5.2 do Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final:

a) Explotacións agrarias prioritarias.

b) Explotacións agrarias de titularidade compartida.

c) Explotacións acollidas ao réxime de venda directa (SEVEDI).

d) Outras explotacións agrarias.

2. No suposto de cultivos agrícolas afectados destinados ao autoconsumo, a persoa, física ou xurídica, solicitante da axuda deberá acreditar a titularidade da explotación a través de calquera dos medios de proba admitidos en dereito.

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas que se comuniquen desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 10 de outubro de 2019.

 

A onde acudir

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo

Servizo de Conservación da Natureza de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393

Fax: 982294539

 

Enlace a sede electrónica da Xunta de Galicia

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT809E