Folgoso do Courel

AXUDA MUNICIPAL PARA O APOIO Á NATALIDADE 2017

axudas 23 de Octubre de 2017 a las 08:00
AXUDA MUNICIPAL PARA O APOIO Á NATALIDADE 2017

1. OBXECTO

O obxecto das medidas contempladas na presente ordenanza será, por un lado, establecer medidas complementarias de apoio ás unidades familiares do Concello de Folgoso do Courel e por outro, diseñar mecanismos que axuden a fixar a poboación no Concello evitando así o despoboamento que ven sufrindo.

2. REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

Serán beneficiarios/as destas axudas os pais/nais que estean empadroados no Concello de Folgoso do Courel e que teñan ou adopten un fillo/a e cumpran os seguintes requisitos:

1.-Os pais, ou polo menos, un deles, deberán estar empadroados no Concello de Folgoso do Courel cunha antelación mínima á data do parto ou adopción de 6 meses.

2.-Os nenos/as nacidos, ou adoptados, deberán inscribirse no padrón de habitantes do Concello de Folgoso do Courel.

3.-O pai/nai ou ámbolos dous deberán comprometerse a seguir empadroados no Concello, tanto eles como os nenos/as, por un período de dous anos dende o nacemento ou adopción.

4.-O empadroamento suporá a residencia efectiva, polo que tanto os beneficiarios como os seus fillos, deberán vivir habitualmente en calquera das parroquias do Concello de Folgoso do Courel. Esta circunstancia poderá ser comprobada en calquera momento polo Concello solicitando os informes que procedan.

5.- Os beneficiarios deberán atoparse ao corrente dos seus deberes tributarios coa Facenda, coa Seguridade Social e co Concello de Folgoso do Courel, cuestión esta última que será comprobada de oficio polo propio Concello.

3. TIPOS E CONTIAS DAS AXUDAS

1.-As axudas serán como máximo de 500 euros por cada fillo nacido ou adoptado entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.

4. FORMA E PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA AXUDA

As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, cubertas no modelo normalizado habilitado para tal fin (expedido polo Concello) presentaranse no rexistro xeral do Concello De Folgoso do Courel. As solicitudes deberán ir acompañadas, inexcusablemente da seguinte documentación:

1.-Certificado de padrón da unidade familiar, expedido polo Concello, donde figure a data de alta no padrón de habitantes.

2.-Fotocopia do libro de familia e do DNI do solicitante.

3.-No seu caso, copia do auto xudicial de adopción.

4.-Declaración xurada das axudas solicitadas ou recibidas pola mesma finalidade.

5.-Compromiso de seguir empadroados no Concello de Folgoso do Courel por un período mínimo de dous anos.

6.-Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do Concello que non se cumpre algún dos mencionados requisitos.

7.- Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non estar incurso en prohibición para ser beneficiario de subvencións.

8.-Certificación dos datos bancarios onde se pretenda recibir o importe da axuda.

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ó que se produciu o nacemento ou adopción e finalizará o 31 de decembro de 2017.

5. ÓRGANOS DE RESOLUCION E PRAZO DE NOTIFICACIÓN

1.-A resolución do expediente, previa emisión dos informes que procedan polo departamento de servizos sociais e Intervención, competerá á Alcaldía.

2.-O prazo para resolver será DUN MES desde a presentación da solicitude no rexistro xeral do Concello. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a concesión da axuda ou subvención.

6. COMPATIBILIDADE CON OUTRAS AXUDAS

A axuda contemplada nas presentes bases será compatible con calquera outra axuda coa mesma finalidade que poidan obterse doutros organismos públicos.

7. FINANCIACIÓN

As accións incluídas nesta convocatoria financiaranse con cargo á asignación orzamentaria 231.48 do orzamento municipal para o 2017, ata un total de 2.500 euros para o exercicio.

8. NORMATIVA SUPLETORIA

En todo o non previsto nesta ordenanza, aplicarase o disposto nas Bases de execución do orzamento xeral do Concello de Folgoso do Courel para o 2017, e nas normas legais e regulamentarias de aplicación, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no RD 887/2006 de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da lei xeral de subvencións, Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demais normativa de réxime local aplicable.

Enlace á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP):

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_17013_1.pdf#page=1