Folgoso do Courel

AXUDA MUNICIPAL PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL

axudas 23 de Octubre de 2017 a las 08:00
AXUDA MUNICIPAL PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL

1. OBXECTO E FINALIDADE DAS AXUDAS

O obxecto das presentes bases é a concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar de alumnas/os matriculadas/os de Educación Infantil no CPI POETA UXÍO NOVONEYRA do Concello de Folgoso do Courel.

2. BENEFICIARIAS/OS

As axudas poderán ser solicitadas polos pais/nais ou titores/as das/os alumnas/os que reúnan os seguintes requisitos:

1. Que todos os membros da unidade familiar estean empadroada e teñan residencia efectiva no Concello de Folgoso do Courel

2. Ter fillas/os cursando estudios de educación infantil de 3 a 5 anos no CPI Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2017-2018

3. Non ser debedor/a da Facenda Municipal, Autonómica e Estatal, así como da Seguridade Social

4. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención outorgada polo Concello de Folgoso do Courel.

5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

As/os beneficiarias/os terán as seguintes obrigas co Concello de Folgoso do Courel:

a. Cumprir a actividade obxecto da subvención, é dicir, realizar o gasto en libros e material escolar para os cursos nos que se acredite a matriculación

b. Cumprir todos os requisitos recollidos no punto 2 das bases reguladoras

c. Someterse ás actuacións de comprobación da veracidade dos datos reflectidos na documentación presentada, así como do cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda e colaborar co concello nas ditas actuacións

d. Comunicar ao Concello de Folgoso do Courel calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión da axuda

3. CRÉDITO ORZAMENTARIO E CONTÍA DAS AXUDAS

As axudas será como máximo de 150 euros por cada fillo que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos no CPI Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2017-2018. Aplicación orzamentaria á que se imputarán estas axudas é a 326.48 do orzamento municipal para o 2017 ata un total de 1.500 euros.

4. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NECESARIA

As solicitudes achegaranse mediante modelo oficial subscrito pola persoa interesada (pai/nai/titor legal). A presentación da dita solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para a comprobación dos datos que constan na mesma ante os organismos ou entidades correspondentes. Cada solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

1) Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade.

2) Fotocopia do libro de familia. No seu caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do alumno, de selo caso.

3) Certificado expedido polo centro, acreditativo de que o solicitante cursa estudos no mesmo.

4) Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e co Concello, así como de non estar incurso en ningunha das prohibicións para contratar.

5) Declaración de outras axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación.

6) Datos bancarios do beneficiario ou representante legal para recibir a subvención. 8) Factura xustificativa no que figure o nome do solicitante e do neno/a beneficiario/a da axuda e detalle da compra dos libros correspondente ao curso escolar 2017/2018 na que conste o pago da mesma.

5. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes xunto a documentación requirida presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel. O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 15 de novembro de 2017.

6. PUBLICIDADE

Esta convocatoria de axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios do Concello e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

7. PROCEDEMENTO

O órgano competente para a concesión das axudas será o alcalde, previo informe da Intervención municipal. O acordo de concesión ou denegación será motivado, quedando constancia no expediente dos fundamentos da resolución que se adopte. As axudas concedidas notificaranse individualmente no prazo máximo de tres meses, a contar dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes e en todo caso antes do 31 de decembro de 2017, e publicaranse no taboleiro de anuncios do concello. A modificación de calquera das circunstancias que se tiveran en conta para a concesión das mesmas, que deberá ser posta en coñecemento do concello, poderá dar lugar á modificación da resolución.

8. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

O pagamento destas axudas realizarase mediante transferencia bancaria, tras a súa xustificación por medio da presentación de facturas orixinais. En casos especiais, os cales terán que ser valorados polas profesionais do Departamento municipal de Servizos Sociais, o pagamento da axuda, tras a delegación escrita do/a beneficiario/a, aboaráselle ao establecemento subministrador do material escolar. Terán a consideración de casos especiais aqueles que por razón de necesidade, precariedade ou urxencia se atopen nunha situación de risco e/ou desprotección, sendo necesario nestes casos un informe da traballadora social do Concello, co visto e prace do/a Concelleiro/a de Asuntos Sociais.

Enlace á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP):

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_17013_1.pdf#page=1