Folgoso do Courel

AVISO IMPORTANTE

NOVAS 13 de Marzo de 2020 a las 14:09
AVISO IMPORTANTE

BANDO


Dolores Castro Ochoa alcaldesa - presidenta do Concello de Folgoso Do Courel fago saber que debido aos acontecementos derivados do coronavirus o equipo de goberno municipal decide suspender tódalas actividades culturais, educativas, cursos e deportivas ata novo aviso.

Recoméndase facer as xestións coa Casa do Concello de xeito telefónico (982 43 30 01) ou telematico (concellofolgosodocourel@yahoo.es).

Recoméndase non asistir aos centros de saúde e/ou farmacia a menos que sexa imprescindible.

Recoméndase a tódalas persoas que veñan de fora da Comunidade Autónoma de Galicia manteñan as medidas recomendadas polos organismos oficiais: Se nos 14 días de chegar dunha área de risco ou de ter un contacto estreito cun caso confirmado e presentar síntomas non acudir directamente ao hospital nin ao centro de saúde. Para información e síntomas leves chamar ao 900 400 116 e contactar só telefonicamente co 061 nas emerxencias e casos graves.

O goberno do Concello de Folgoso do Courel sinala as recomendacións feitas pola Xunta de Galicia onde recomendan seguir as seguintes medidas como prevención fronte ao coronavirus:

- Peche de centros socio comunitarios.

- Restrición á hora de realizar visitas a centros de maiores.

- Suspensión da actividade lectiva e extraescolar durante 14 días, a partir do luns 16 de marzo.

- Limitar a 50 persoas o aforo en espazos pechados.

- Posibilidade de acollerse ao tele traballo na administración.

- Evitar o contacto a menos de dous metros con persoas que teñan síntomas de gripe.

O que fai público para xeral coñecemento en Folgoso do Courel.