Folgoso do Courel

Afectación usuarios de TDT

1 de Marzo de 2018 a las 08:00

A Alcaldesa / Presidenta informa:

 

A prestación do servizo de telefonía móbil de 4ª Xeración (4G na banda de 800 MHz), pode producir afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

 

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta  en servicio das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias para solucionar as afectacións nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.

 

O prazo para solicitar as actuacións gratuítas en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4G na banda 800 MHz, remata o 31 de marzo de 2018.

 

O centro de atención ao usuario para poder resolver as incidencias é o teléfono gratuíto 900 833 999.