Folgoso do Courel

ACTIVIDADES de NADAL: O APALPADOR E OS REIS

NOVAS 19 de Diciembre de 2018 a las 17:39
ACTIVIDADES de NADAL: O APALPADOR E OS REIS

O día 30 de Decembro ás 17:00 horas na cabana da entrada da Devesa de Rogueira veremos ao Apalpador, que repartirá castañas e recollerá desexos para o novo ano. Logo iremos a escola de Moreda onde actuará o mago Deimi ás 18:30 horas e merendaremos.

O día 5 de Xaneiro ás 16:00 horas en Seoane, os nenos e nenas poderán recibir os Reis Magos de Oriente. E sobre as 18:00 horas chegarán a Folgoso. Finalizada a cabalgata na casa do Concello terá lugar unha merenda.