Folgoso do Courel

ACTIVIDADES COEDUCATIVAS PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

NOVAS 21 de Junio de 2019 a las 08:00
ACTIVIDADES COEDUCATIVAS PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Folgoso do Courel programa para os días 27 e 28 de xuño de 2019 unha serie de actividades coeducativas para concienciar contra a violencia de xénero. En concreto, as accións están destinadas aos nenos e nenas e aos adolescentes, como colectivos importantes aos que concienciar e cos que traballar para a erradicación desta lacra.
 
Realizaranse na casa do Concello en horario de 11:00 a 13:00. Entre o  xoves día 27  e o venres día 28 se levarán a cabo xogos pola igualdade, un obradoiro manual, un contacontos coeducativo, unha xincana de corresponsabilidade e unha dinámica grupal. Tódalas actividades serán realizadas pola empresa DINAMO Xestión de actividades Socioculturais S.L..

 
Financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade, con motivo do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

 

Aquelas persoas que estean interesadas en formar parte das citadas actividades poderán chamar ao 982 43 30 01 ou acudir ás oficinas municipais en horario de 08:00 a 15:00 de luns a venres.