Folgoso do Courel

ACONDICIONAMENTO DE RECURSOS TURÍSTICOS

NOVAS 18 de Octubre de 2019 a las 15:27
ACONDICIONAMENTO DE RECURSOS TURÍSTICOS

O Concello de Folgoso do Courel levou a cabo a mellora e acondicionamento de recursos turísticos do concello con axudas concedidas  ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2018, da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2019.

En liñas xerais, as actuacións levadas a cabo consistiron en:

– Renovación de cartelería en varios puntos do concello, actualización dos contidos e tradución a varios idiomas.

– Colocación de diversas sinais e elementos informativos.

– Emprego de galego, castelán en inglés en toda a cartelería.

– Emprego de códigos QR e de antenas NFC na cartelería para ampliar contidos e xeolocalizar outros puntos de interese do concello.

– Limpeza das pontes de Lousadela e Seoane.

– Realización de restitución fotográmetrica de catro castros do concello mediante o uso do voo con dron. Obtención de imaxes aéreas de alta calidade.

– Creación dunha web con contidos turísticos do concello.

– Creación dun video turístico do concello.

O investimento foi de 48.299,15 euros e a subvención concedida pola Conselleria de Cultura e Turismo foi de 31.394,45 euros.