Folgoso do Courel

3.5.19| Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2019

NOVAS 4 de Abril de 2019 a las 09:00

Obxecto:

Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2019 da D.X. de Xuventude e Voluntariado 

Persoas destinatarias:

As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.

Requisitos:

  • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
  • Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso  da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

Campamentos quendas específicas

Prezo xeral: 125 €  | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€  | Prezo con Carné xove (-25%):  93,75€

Adxudicación:

A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:

  • As persoas que non participaran en anos anteriores.
  • Residan habitualmente no domicilio familiar.

No caso de empate a adxudicación de prazas farase por orde de entrada da solicitude.

Documentación:

As persoas seleccionadas teñen que aceptar ou renunciar á praza antes de 10 días dende que reciben a notificación de que foron aceptados. No caso de aceptar a praza hai que entregar tamén:

  • Xustificante de ter pagado.
  • Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado.
  • Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude. 
  • Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
  • Unha fotografía tamaño carné.

É obrigatorio facer isto, para poder entrar na praza concedida.

Lugar de presentación:

Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Prazo de presentación:

Do 4 de abril ao 3 de maio de 2019 incluído.

Máis información

Teléfono Social gratuíto: 900 333 666

Para información sobre a xestión dos campamentos, envío de documentación, valoración de solicitudes e concesión de prazas:

  1. Teléfonos: 981-547437 /981-544640.
  2. Mail: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa pódese consultar a páxina web http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada ou dirixirse directamente ás propias instalacións.