Folgoso do Courel

FESTA DA CULTURA E A TRADICIÓN

27 de Julio de 2019 a las 12:00 - 28 de Julio de 2019 a las 02:00
FESTA DA CULTURA E A TRADICIÓN

Unha das actividades da Festa da Cultura e a Tradición é a Baixada de Carrilanas en Folgoso do Courel. Terán trofeo as tres máis rápidas, a máis orixinal-tradicional, e medalla para todos os participantes na categoria adulto e infantil. O percorrido sae do antigo colexio e remata na praza de Fondo de Vila. Inscricións ata media hora antes da saída.

Pola tarde a festa continua co campeonato de xogos tradicionais: arrebolamento de sacho, lanzamento de boina, chave, billarda, corte con tronzón, etc., demostración de cestaría, actuación do grupo Os Carecos e do grupo Xograres de Lemos "O Ventosiño" e verbena co dúo Nueva Era.