Folgoso do Courel

27 DE MAIO 2018 FEIRA EN SEOANE DO CAUREL

27 de Mayo de 2018 a las 10:00 - 27 de Mayo de 2018 a las 22:00
27 DE MAIO 2018 FEIRA EN SEOANE DO CAUREL

O Concello de Folgoso do Courel, en colaboración ca Asociación San Xoán de Seoane do Courel, organiza un día de Feira na localidade de Seoane. O obxectivo deste evento é potenciar, polo menos unha vez ao ano, o mercado que se celebraba en Seoane cada 2º e 4º domingo de cada mes. A feira pretende recrear aquel mercado, ambientando o escenario da feira con decoración e vestimenta de principios do século XX.

Como nas feiras tradicionais contarase con postos de venda de plantas e sementes, roupa, artesania, etc e exposición e venda de gando. As 12:30 horas terá lugar unha subasta de novillas de ACRUGA. Poderase comer o polbo para xantar e pola tarde festa cun grupo musical para rematar a xornada.